PROVINCIA
A música de diferentes estilos xunta no festiva "Revenidas"
Celebrarase no Porto de Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa o 18, 19 e 20 de agosto.

O festival Revenidas combina música de diferentes estilos, gastronomía, cultura mariñeira, actividades, artesanía e compromiso social. O evento, que se desenvolve en Vilaxoán a terceira fin de semana de agosto e está coroado cunha gran sardiñada popular, congrega máis de 15.000 persoas coas súas variadas propostas, que inclúen 25 actuacións de rock, punk e world music, e moita música galega.
A organización convoca, ademais, tres concursos de promoción do talento con bandas emerxentes e programa unha feira de produtos artesanais, así como obradoiros multidisciplinares con teatro e música para os máis pequenos e pequenas. As sardiñas asadas, coñecidas como "revenidas" en Vilaxoán, son o prato forte do acontecemento, que na pasada edición contou coa participación de dúas estrelas Michelín: Inés Abril e Alberto G. Prelcic.
O festival, que nesta edición celebra o seu décimo cuarto aniversario, achega o seu gran de area para facer un mundo mellor, coa doazón de alimentos, actividades para colectivos en risco de exclusión social (coma persoas cegas, autistas e con mobilidade reducida) e a xa tradicional Gala de Circo a favor do pobo saharauí.
Revenidas ofrece actividades relacionadas coa cultura mariñeira na lonxa, na praza de abastos e no mar, a bordo de barcos pesqueiros. O festival está dirixido a todos os públicos, con actividades para nenas e nenos e familias, así como concertos para un público adulto nun recinto pechado. A sardiñada congrega máis de 5.000 persoas de todas as idades, que poderán gozar dunha contorna natural impagable.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149