PROVINCIA
A Illa de Arousa celebra o Atlantic Fest
O vindeiro 30 de xuño e 1 e 2 de xullo.

Os acordes do Atlantic Fest soan nunha paraxe espectacular. A Illa de Arousa, o concello insular máis pequeno de España e ao que se chega tras cruzar unha ponte de case dous quilómetros, acolle o festival, que combina música, natureza, gastronomía e o carácter mariñeiro propio da illa. Milleiros de persoas danse cita durante unha fin de semana nesta reserva natural con 36 quilómetros de costa e no pobo para mergullarse nun ambiente único e afastarse do mundanal ruído.
O Atlantic Fest desenvólvese durante tres días en diferentes espazos: o principal é a idílica praia do Bao, de 700 metros de lonxitude; o auditorio, no núcleo urbano da Illa –habitada por 5.000 persoas–, acolle outro dos escenarios; a música soa tamén nun lugar especial, a praza de abastos. Hai, ademais, refrescantes concertos en tascas, nas que os artistas se senten na súa salsa pola súa proximidade ao público.
As persoas asistentes ao festival dispoñen dunha ampla área de acampada para descansar e repoñer forzas entre concerto e concerto. Na Zona Gastro escoitan a súa música favorita mentres degustan bos produtos. Un autobús gratuíto conecta os diferentes lugares nos que se desenvolve o evento e existe tamén un servizo de autocar entre cidades, o Atlantic Express.
Parte do cartel da nova edición foi desvelado xa pola organización e promete non defraudar. Los Planetas, un dos referentes da escena indie nacional, forma parte do menú, xunto con The Temper Trap, Rosalía & Raül Refree, Joe Crepúsculo, Os Amigos dos Músicos e Maxïmo Park. E haberá máis!
Aos concertos únense outras iniciativas: unha das principais é o mercado discográfico Galiciantunes, punto de encontro dos profesionais do sector. Conferencias, exhibicións de deportes náuticos e clinics aderezan o programa. Este ano, ademais, intensificaranse as actividades para nenos.
Atlantic Days
O Atlantic Fest vive o seu momento cume nos tres días de concertos, pero a actividade abarca outras datas. Os Atlantic Days definen o concepto do festival, cunha programación anual en distintos espazos. Nesta edición celebráronse xa concertos acústicos de Alex Cooper e Señor Chinarro.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106