Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 05 de Septiembre de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Cambados celebra a Festa da Cidade Europea do Viño

Cambados 9 de setembro.

 

Oito… máis un. Este ano o festival Cidade Europea do Viño pechará ao grande o programa de festivais Rías Baixas e será un dos momentos cume dos actos da vila do Salnés como Cidade Europea do Viño 2017. O evento nace como unha edición especial para conmemorar a capitalidade vitivinícola internacional do municipio, a modo de guinda musical aos festivais Atlantic Fest, Cultura Quente, PortAmérica, Sinsal, Vive Nigrán, SonRías Baixas, O Marisquiño e Revenidas.

 

A cita terá lugar o 9 de setembro nun escenario de excepción: a emblemática praza de Fefiñáns. O cartel musical, por agora unha incógnita, complementarase con outras actividades, principalmente relacionadas coa cultura do viño, e estará maridado coa exquisita e variada gastronomía das Rías Baixas.

 

O festival é un dos acontecementos máis importantes do amplo programa de actos de Cambados Cidade Europea do Viño 2017, que inclúe case un centenar de actividades e cuxo calendario ten outra data clave: a Festa do Albariño, declarada de Interese Nacional e que aspira a converterse en internacional. Showcookings, rutas entre viñedos, xornadas para profesionais e obradoiros para nenas e nenos son algunhas das iniciativas que se desenvolverán ao longo do ano na localidade.

 

Cambados está no centro do mapa vitivinícola europeo e o brinde musical chegará o 2 de setembro co festival. Un brinde con albariño Rías Baixas, por suposto, cualificado como "o príncipe dos viños galegos" por Álvaro Cunqueiro, quen o definiu como "limpo, nostálxico e pálido como un duque de Aquitania".

 

A Deputación de Pontevedra apoia a capitalidade vitivinícola de Cambados con diferentes iniciativas no ámbito da cultura, o deporte, o turismo, a igualdade, o patrimonio e o medio ambiente. Ademais de patrocinar o festival, do mesmo xeito que os demais eventos do circuíto Rías Baixas, a institución desenvolve en Cambados, en distintas datas, foros e xornadas sobre o papel da muller na viticultura, a final feminina da Copa Deputación de Fútbol, unha ruta polos principais puntos de interese da localidade e un itinerario entre viñedos para persoas con diversidade funcional, entre outros actos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.