PROVINCIA
Vive Nigrán un festival de estrea
Nigrán 26 e 27 de agosto.

De estrea. Así se atopa Nigrán, que dará a benvida en pleno verán a un novo festival, que vai máis alá deste concepto. A proposta de Vive Nigrán é transversal. E a súa finalidade, unha soa: pasar un tempo agradable en compañía de amizades ou familia.
Este primeiro festival de cultura creativa e musical terá música. Por suposto. En directo. Pero proponse moito máis, pois para o evento configurouse unha serie de experiencias que lle permitirán á persoa visitante vivir Nigrán no sentido máis amplo do termo.
Que propón? De todo un pouco. As persoas participantes terán á súa disposición desde xogos ao aire libre ata unha grande oferta culinaria. Vive Nigrán segue o camiño, tan actual, dos foodtruck, e achégalle a gastronomía máis variada ao público que, os días 25 e 26 de agosto, se reúne en Praia América.
Un market, concertos para todos os públicos ou deejays debuxan así un picnic pop festival, unha filosofía e un estilo de vida para vivir intensamente Nigrán desde a mañá ata a noite.
E todo iso nun espazo inmellorable: fronte ao Atlántico, coa area máis fina aos pés e unha praia das máis aplaudidas de todo o litoral galego. Extensa, acolledora e de augas case transparentes, Praia América seduce verán tras verán.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149