PROVINCIA
A Xunta propón incluír o Parque Nacional das Illas Atlánticas na lista de zonas húmidas de importancia internacional Ramsar
O parque cumpre con sete dos nove criterios establecidos polo convenio Ramsar, entre os que destacan, a existencia dunha rede de covas mariñas ou a presenza de importantes colonias de cría de gaivota patiamarilla e cormorán moñudo.
A Xunta de Galicia da un paso máis na protección e conservación do Parque Nacional das Illas Atlánticas, polo que propón a súa inclusión na Lista de zonas húmidas de importancia internacional Ramsar. A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio xustifica mediante un informe que o parque cumpre con sete dos nove criterios que establece o Convenio Ramsar para ser considerado zona húmida de interese internacional.
Así, o departamento autonómico considera que este espazo natural, comprendido polos catro arquipélagos, constitúe unha excelente representación das zonas húmidas mariñas e costeiras do litoral atlántico ibérico e destaca a existencia dunha ampla rede de covas mariñas, exemplo representativo dos recursos hídricos subterráneos, ou a presenza de importantes colonias de cría de gaivota patiamarilla y cormorán moruño, que superan os 20.000 individuos. Ademais, as augas mariñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas albergan unha elevada diversidade de especies de peixes, que as converten nunha zona chave para a súa alimentación e reprodución.
De este modo, o parque nacional cumpre, polo tanto, con seis dos nove criterios que establece o Convenio Ramsar para formar parte da lista de zonas húmidas de importancia internacional. Os medios costeiros, como praias, dunas, acantilados e grutas mariñas; supoñen unha proporción destacable da súa superficie terrestre e albergan especies e hábitats relevantes que requiren de figuras de conservación específicas.
A Consellería de Medio Ambiente considera que o espazo comprendido polos catro arquipélagos constitúe unha excelente representación de zonas húmidas mariñas e costeiras do litoral atlántico ibérico
Así, o parque reúne as características necesarias para obter esta distinción sen desmerecer o destacado patrimonio histórico e cultural, que acada a súa máxima representación na pesca artesanal e os asentamentos prehistóricos ligados ao mar. Deste modo, os catros arquipélagos do Parque Nacional das Illas Atlánticas comparten características comúns no que respecta aos valores patrimoniais e están conectados por unha intricada rede de conexións ecolóxicas e culturais, ademais de constituír unha unidade de xestión cunha figura de protección que garanta a súa preservación a longo prazo.
Valores naturais
O Parque Nacional das Illas Atlánticas destaca pola importancia dos seus valores naturais, que son os que precisamente o fan un firme candidato para formar parte da Lista Ramsar. De este xeito, sobresaen as súas augas mariñas de escasa profundidade e leitos mariños submareais -tipos A e B da clasificación Ramsar-, que supoñen o 20 por cento do territorio cuxas características físicas e ecolóxicas posibilitan o mantemento dunha significativa variedade de algas entre as que se refuxian gran cantidade de peixes e moluscos.
Igualmente, o litoral, de grande interese xeomorfolóxico, confire ao lugar unha elevada espectacularidade paisaxística e constitúe o medio natural máis complexo no que a interacción entre os elementos terrestres e mariños permiten o establecemento de diferentes tipos de zonas húmidas: acantilados, praias, baixos intermareais, marismas, lagoas costeiras, grutas, etc.
Ademais, os catro comparten valores patrimoniais e están conectados por unha intricada rede de interaccións ecolóxicas e culturais, que os converten nunha unidade única de xestión e protección
Cómpre salientar que no espazo proposto foron inventariadas un total de 49 covas mariñas cuxos 1.700 metros de galerías resultan moi representativos das zonas húmidas mariñas e costeiras formados en sistemas hídricos subterráneos. De modo que, tanto a nivel mundial como europeo este tipo de zonas son consideradas ecosistemas excepcionais.
Tamén existen no espazo natural proposto a lo menos 16 especies con alto grao de ameaza asociados a ambientes húmidos, entre os que destacan exemplares de flora, as tartarugas mariñas e as aves nidificantes como cormorán moruño e o paíño europeo.
Por tanto, estes son algúns dos valores naturais que xustifican a proposta da Xunta que se recollía nas páxinas do Diario Oficial de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21