GALICIA
A nova Lei de protección de animais de compañía pretende acadar o sacrificio cero
A conselleira de Medio Ambiente espera que Galicia conte cunha das leis máis avanzadas do Estado, en consonancia co que demanda a sociedade.
A Xunta de Galicia pretende coa nova Lei de protección de animais de compañía situar á comunidade galega no avance cara ao sacrificio cero e cara unha rexión libre de maltrato. A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio reiterou este obxectivo na inauguración dunha xornada sobre o proxecto de Lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, onde aclarou que se trata dun texto que dotará a Galicia cunha das leis máis avanzadas do Estado, en consonancia coa demanda que traslada a sociedade.
Recordou que -ademais de perseguir o maltrato animal- outros dos obxectivos do texto, que na actualidade acaba de iniciar a súa tramitación parlamentaria, son loitar contra o abandono e fomentar a concienciación da sociedade galega polo benestar animal.
Manifestou que se actuará con contundencia nos casos de maltrato animal, non só naqueles centrados no concepto de maltrato como a violencia exercida sobre animais, senón que se terán en conta tamén as condicións hixiénicas e sanitarias nas que viven.
Así, aclarou que a lei recolle a prohibición de determinadas mutilacións nos animais, como os cortes nas orellas ou rabos, co fin único de manter unhas características de tipo racial ou estéticas, así como o uso de mecanismos que impidan ou limiten a mobilidade dun animal e lles produza sufrimento, dor ou estrés. Tamén se establece a prohibición de uso de animais silvestres en espectáculos, como os circos, e tampouco estará permitido usar aos animais como recompensa ou premio en eventos públicos.
Indicou que se trata dunha lei que loita contra o maltrato animal e que promociona a adopción, e aclarou que un animal que se atopa na rúa non ten porque estar abandonado, polo que no caso de atopalo é recomendable levalo a un centro autorizado para que o seu dono poida recuperalo ou entrar na cadea de adopción.
Beatriz Mato aclara que o maltrato non se limitará aos casos de violencia exercida sobre animais, senón tamén ás condicións hixiénicas e sanitarias nas que viven
Mato Otero salientou que este tipo de sensibilidades están recollidas neste texto cuxa redacción liderou a Consellería de Medio Ambiente, “pero que se elaborou coa máxima da transparencia e colaboración pública; porque só deste xeito colaborativo se conseguirá que a lei cumpra o seu obxectivo de perdurabilidade a longo prazo".
A modo de exemplo, citou unha serie de novidades que incorpora a lei para fomentar e facilitar a adopción, como son os fogares de acollida, que a nova normativa regulará por primeira vez en Galicia e que vén a suplir un traballo que nas últimas décadas foi desenvolvido polos cidadáns; ou o réxime de acollida temporal, no que se garantirá o coidade, atención e condicións hixiénico-sanitarias que precise o animal.
Mato Otero indicou que non hai mellor aliado para prever o maltrato e o abandono animal que “fomentar a tenza responsable”, polo que -ademais de divulgar o contido desta lei entre os escolares- se velará pola inclusión de contidos relacionados coa protección nos programas educativos e se promoverá a realización de campañas de formación destinadas ás persoas propietarias e posuidores de animais.
A modo de exemplo, recordou que se tiveron en conta as emendas presentadas polos colectivos e protectoras como o feito de manter a prohibición de alimentar aos animais vagabundos ou extraviados nas vías públicas sen contar coa oportuna autorización municipal, agás que se atopen nunha situación de emerxencia que poida comprometer o seu benestar.
Por último, augurou que a xornada desta mañá, dirixida especialmente, a asociacións protectoras e a concellos, xa que son os actores principais desta lei e engadiu que se trata dun texto que seguirá reservando para os concellos competencias fundamentais e que reforzará o papel das asociacións protectoras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149