Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 16 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Rueda avanzs que Ifevi se ampliará en 5000 metros cadrados para reforzar o potencial de Galicia para captar eventos

O recinto feiral de Vigo poderá dispoñer de máis capacidade para acontecementos de referencia mundial como Conxemar ou Navalia.

[Img #33310]O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou que o Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) vai ser ampliado en 5000 metros cadrados, o que permitirá reforzar o potencial da cidade olívica e de toda Galicia para organizar eventos e feiras de referencia internacional, como Ifevi e Conxemar. Con esta ampliación, o recinto feiral impulsará a capacidade de Vigo para consolidarse como punto de encontro do sector naval e da transformación de produtos mariños.

 

Esta ampliación, que aprobou onte o Consello da Xunta, realízase ao abeiro da Lei de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou de especial interese, aprobada para evitar que a anulación xudicial do PXOM de Vigo paralizase a cidade. Este texto legal xa permitiu impulsar o Plan de consolidación e modernización do Polígono de Balaídos, que preparará estas instalacións para a construción dos novos modelos K9 e V20, cun investimento de máis de 3000 millóns de euros na automoción galega.

 

 

 

 

Esta ampliación faise ao abeiro da Lei de medidas para evitar que a anulación do PXOM de Vigo paralizase a cidade

 

 

 

 

O proxecto mantén a configuración actual do recinto e incorpora un pavillón anexo ao pavillón 2. Esta semana, tal e como explicou o vicepresidente, foi aprobado na Comisión Superior de Urbanismo de Galicia con todos os informes favorables, polo que o único trámite que resta por facer para a licitación do proxecto é que o Concello de Vigo poña á disposición os terreos expropiados.

 

O investimento da Xunta na ampliación de Ifevi ascenderá a 4,1 millóns de euros, 900.000 euros máis ca o previsto inicialmente. Este aumento no orzamento destinarase fundamentalmente a acondicionar a instalación.

 

Deste xeito, nos últimos 12 anos a Xunta levará investidos máis de 15,5 millóns de euros en mellorar o recinto, un investimento que dará os seus froitos: está previsto que esta ampliación redunde nun beneficio para os sectores hoteleiro e hostaleiro de máis de 2 millóns de euros ao ano. Ademais, quedará reforzada a posición de Galicia como referencia mundial en sectores estratéxicos como o pesqueiro, o conserveiro ou o naval.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.