NIGRÁN
O Concello de Nigrán organiza oito campus deportivos de verán para os máis pequenos
Trátase de diferentes disciplinas deportivas orientadas a nenos e adolescentes e dirixidas polos diferentes clubes do municipio.
O Concello de Nigrán, coa colaboración dos clubes do municipio, organiza dende finais de xuño a finais de agosto oito campus deportivos orientados a nenos e adolescentes. O prazo de inscrición para participar en cada un deles arranca unha semana antes do comezo do mesmo, podéndo apuntarse os interesados no campus de Prado Surf (do 26 ao 30 de xuño) dende este luns 19. As inscricións deben facerse na Oficina de Turismo de Panxón en horario de oficina (de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas). Todos teñen un custo de 60 euros (na maioría se contempla que os socios abonen 45 euros) e unha duración de catro ou cinco días, existindo nalgúns a posibilidade de empregar servizo de coidador para ampliar horario e permitir mellor conciliaciñon familiar. Como novidade, este ano se incorpora un campus multideporte e de animación.
Os interesados deben anotarse unha semana antes do comezo de cada un na Oficina de Turismo de Panxón e abonar 60 euros. O luns xa poderán inscribirse no de Prado Surf
Os campus están orientados a un público infantil e adolescente e arrancan o día 26 de xuño con Surf a cargo de Prado Surf e a continuación Sur Patos do 3 ao 7 de xullo. Os restantes van sucedéndose ao longo de todo o verán sen solaparse: baloncesto (Club Baloncesto Nigrán, do 10 ao 14 de xullo), ciclismo (Club Ciclista Rías Baixas), futbol sala (Panxón Nigrán F.S., do 17 ao 21 de xullo) , tenis (Club Tenis Nigrán, do 24 ao 28 de xullo), multideporte e animación (Panxón Nigrán F.S. do 31 de xullo ao 4 de agosto), fútbol (E.D.Val Miñor, do 7 ao 11 de agosto) e ciclismo (Club Ciclismo Rías Baixas, do 21 ao 25 de agosto). O Concello aportará a merenda diaria para cada participante e a cobertura do seguro.
Tódolos detalles (datas de celebración, horario, idades...) poderanse consultar na web municipal ou no propio Concello ou Oficina de Turismo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149