Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 20 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Preto dun millón de euros para seis novos proxectos en concellos da provincia ao abeiro do “Plan Concellos 2017”

As achegas, enmarcadas na liña 1 do Plan, están destinadas á mellora das infraestruturas e servizos municipais de Forcarei, Meis, Nigrán, Ponteareas, Redondela e Silleda.

[Img #33303]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sinalou  en rolda de prensa que a Xunta de Goberno da institución provincial vén de aprobar a concesión de axudas por valor de case un millón de euros para seis concellos da provincia. En concreto, as axudas están destinadas á mellora de rúas, á rede de saneamento e á adquisición de vehículos nos municipios de Forcarei, Meis, Nigrán, Ponteareas, Redondela e Silleda.

 

Carmela Silva subliñou que “coas axudas aprobadas, que ascenden a preto dun millón de euros” (en concreto 955.017,98 €), “levamos xa distribuídos máis de 16 millóns de euros (16.309.659,46 €) da liña 1 do Plan Concellos, é dicir, o 56,3%”.

 

O concello de Silleda recibirá 235.977,23 € para a mellora da capa de rodamento de vías municipais. Con esta aprobación, Carmela Silva sinalou que “este concello ten xa adxudicado o 100% do Plan Concellos do que lle corresponde este ano”, a través do cal a Deputación de Pontevedra achega 741.293,99 € á vila. Ademais, a Presidenta provincial sinalou que “na actualidade xa hai máis de dez concellos que xa recibiron o 100% dos seus investimentos neste Plan, que son Agolada, Arbo, Barro, Catoira, Crecente, Fornelos de Montes, Mondariz-Balneario, Moraña, Mos e Valga”.

 

 

 

 

Con estas últimas axudas o Deputación de Pontevedra leva entregados máis de 16 millóns de euros dentro da liña de investimentos

 

 

 

 

No caso de Forcarei, a institución provincial decidiu destinar 205.739,71 € para a pavimentación e mellora de rúas e camiños en Forcarei e en Trasdomonte. Con esta última achega, Forcarei leva aprobado o 74,4% do previsto para o Plan Concellos neste ano. Carmela Silva sinalou que “se non fose polas axudas que aprobamos dende a Deputación de Pontevedra, estes camiños municipais non terían tratamentos como os están a ter en todos os camiños de toda a provincia”. “O noso Goberno está logrando que os camiños provinciais estean como deben”, reivindicou a Presidenta provincial.

 

Por outra banda, a adxudicación destinada a Meis ascende a 67.558,18 € que servirán para o financiamento da  subministración dun tractor. Deste xeito, Meis ten aprobado ata o momento o 55,5% do Plan Concellos para o 2017.

 

O concello de Nigrán recibirá con esta nova achega 282.351,94 € para a mellora das instalacións da Rúa do Mariñeiro. Ata o momento, e co aprobado hoxe en Xunta de Goberno, Nigrán leva o 83,5% do Plan Concellos deste ano aprobado.

 

Tamén Ponteareas recibirá unha subvención de 100.873,54 € para o proxecto de pavimentación da rúa Canedo, no seu segundo treito, de xeito que as subvencións percibidas por Ponteareas ata a data supoñen o 57,1% do Plan Concellos previsto para esta vila en 2017.

 

Por último, Redondela contará cunha axuda de 62.517,38 € destinada á ampliación da rede de saneamento na zona da estrada de Padrón. Así, con esta nova achega, Redondela acada xa un grao de adxudicación do 57,7% dos recursos previstos a través do Plan Concellos para esta vila en 2017.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.15

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.