A GUARDA
A Guarda recibe máis de 10.000 euros do "Plan Concellos 2017" para a substitución de luminarias urbanas
A institución provincial leva entregado o 66 % do total destinado á Guarda dentro do plan, cun investimento situado en máis de 500.000 euros
![[Img #33334]](upload/img/periodico/img_33334.jpg)
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través dunha Resolución presidencial, unha nova achega ao Concello da Guarda no marco do "Plan Concellos 2017", dentro da súa liña 1 de Investimentos. Nesta ocasión, a institución provincial achegará a cantidade de 11.351,09 euros para proceder á substitución das luminarias coas que está dotada actualmente a rúa Concepción Arenal.
Ao abeiro do "Plan Concellos 2017", anteriormente a institución provincial xa destinara á Guarda 251.139,20 euros para a realización dun plan de accesibilidade, a adquisición de equipos informáticos, a adquisición dun deshumidificador industrial, a reparación da cuberta do pavillón municipal e a urbanización das rúas Cal e subida a San Amaro. Ademais, outros 92.017,69 euros en liña 2 para o pagamento de gastos correntes e a realización de diversas actividades como o Entroido, a Gala do Deporte, a feira do libro, o Campus de Verán Deportivo ou o programa "Noites de Castelao", entre moitas outras. Finalmente, 154.852,58 euros cos que A Guarda puido contratar a 17 persoas que desenvolveron as súas profesións nos distintos servizos municipais da vila.
Coa suma desta nova achega, A Guarda xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 66,5 % do total do investimento que lle corresponde dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, 509.360,56 euros dun total de 765.000 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116