Mondariz-Balneario
Mondariz-Balneario completa o investimento do "Plan Concellos 2017" ao recibir 40.000 euros para mellorar o paseo de Troncoso
O investimento total de Mondariz-Balneario sitúase en máis de 250.000 euros
A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar, a través dunha Resolución presidencial, unha nova achega ao Concello de Mondariz-Balneario no marco do "Plan Concellos 2017", dentro da súa liña 1 de Investimentos, que acaba de completar o seu investimento deste ano 2017, situado en máis de 250.000 euros. Nesta ocasión, a institución provincial achegará a cantidade de 40.655,62 euros que permitirán que a vila acometa a segunda fase das melloras do paseo de Troncoso. Nesta ocasión, instalarase mobiliario urbano e unha nova pavimentación de lastras rústicas e axardinarase a zona.
Ao abeiro do "Plan Concellos 2017", anteriormente a institución provincial xa destinara a Mondariz-Balneario 153.743,55 euros na liña 1 para impulsar o proxecto de zona verde no entorno do Gran Hotel da vila, para o acondicionamento ambiental da contorna do paseo de Troncoso, para a segunda fase da mellora das infraestruturas da rúa Javier Solano e para a segunda fase da renovación do alumeado exterior da rúa Ramón Peinador. Ademais, 1.823,64 euros na liña 2 para o financiamento dunha actividade de cinema na rúa e outros 54.614,88 euros para a contratación de 12 persoas que desempeñarán as súas funcións nos diversos servizos municipais da vila, a través da liña 3 de Emprego do plan.
Con todos os fondos do "Plan Concellos 2017" concedidos, este ano a achega da Deputación de Pontevedra a Mondariz-Balneario ao abeiro deste plan sitúase nun total de 250.837,69 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180