MOS
Mos celebra o remate do actual curso escolar 2016-2017 co tradicional concerto didáctico
Foi impartido pola Escola Municipal de Música en catro colexios mosenses.
![[Img #33369]](upload/img/periodico/img_33369.jpg)
Os colexios mosenses Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, Petelos, Atín e Pena de Francia puideron esta semana ser esceario do tradicional concerto didáctico que organiza cada ano, como actividade de final de curso, a concellería de Educación e Participación Cidadá do Concello de Mos que dirixe a edil mosense Kely Monzón. Os destinatarios desta iniciativa foron os alumnos e alumnas de Educación Primaria dos catro CEIPs citados.
A actividade consistiu nun concerto didáctico a cargo da Escola Municipal de Música, sita en Torroso, cunha duración duns cincuenta minutos aproximadamente. Trátase dun evento interactivo onde os máis pequenos aprenden a distinguir as familias de instrumentos empregando os seus sentidos (vista, oído e tacto). Trátase en definitiva, dun encontro diferente coa música, cos músicos e cos instrumentos.
Ademais das actuacións por parte da Escola Municipal de Música realízase unha explicación dos instrumentos que van participando no concerto; sendo a continuación os protagonistas da seguinte canción. Contouse cos seguintes instrumentos ó longo da sesión: dúas trompetas, o trombón, o clarinete, o saxofón, a frauta traveseira e a batería.
O concerto desenvolveuse dentro do horario lectivo.
Os obxectivos desta actividade son, tal e como explicou a concelleira Monzón, “achegar o marabilloso mundo da música aos alumnos/as do Concello de Mos, proporcionar unha actividade didáctica de carácter musical e permitir o acceso á música nas mellores condicións, promover o coñecemento dos diferentes instrumentos musicais, a súa estrutura dentro da orquestra e o coñecemento das obras, espertar entre os máis pequenos a curiosidade e interese por esta arte, fomentar unha clase de ocio, no que o alumnado disfrute aprendendo e dar a coñecer á Escola Municipal de Música e ós seus músicos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149