GALICIA
Galicia envía medios de extinción a Portugal para colaborar na loita contra os lumes forestais
Un dispositivo formado por 3 motobombas, 3 brigadas, técnicos e unha nodriza parte cara o país veciño para axudar na extinción dos incendios.
Tres motobombas, tres brigadas de cinco membros cada unha, axentes forestais, varios técnicos e un camión cisterna con capacidade para 25.000 litros de auga parten hoxe cara a rexión centro de Portugal para colaborar nas tarefas de extinción dos lumes forestais que están afectando ao país veciño e que se teñen cobrado a vida de ducias de persoas.
Dende o primeiro momento, o Goberno galego ofreceu a súa colaboración en materia sanitaria, de emerxencias e de loita contra o lume, poñendo a disposición das autoridades portuguesas prazas na UCI e nas unidades de queimados dos hospitais galegos, un Posto de Mando Avanzado da Axencia Galega de Emerxencias, dous camións cisterna e varias motobombas, así como axentes forestais e brigadas que se ofreceron a participar de xeito voluntario.
Os medios ofrecidos por Galicia permaneceron en prealerta á espera de que fose necesaria a súa actuación e este mesmo mediodía o Goberno central –que canaliza as peticións das autoridades portuguesas-, solicitou o desprazamento á zona dos incendios de parte dos medios e persoal ofrecido por Galicia.
Así pois, os equipos galegos xa foron mobilizados e diríxense esta tarde cara a Portugal. A Xunta de Galicia reitera, tal e como llo transmitiu ás autoridades portuguesas, o seu apoio ante a dramática situación que está a vivir o país veciño, así como a seu pesar polas vítimas e a súa solidariedade cos seus familiares e con todo o pobo portugués.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149