Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 22 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Medio Ambiente continúa coa campaña de control da calidade do aire no Porto de Vigo

Esta semana comezou a segunda fase desta campaña, polo que se instalou a unidade móbil de calidade do aire no peirao de cruceiros transatlánticos, para avaliar o impacto das achegas da actividade portuaria na calidade do aire.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de iniciar a segunda fase da campaña de control da calidade do aire no Porto de Vigo, coa instalación dunha unidade móbil de calidade do aire no peirao de cruceiros transatlánticos.

 

A campaña realízase anualmente desde 2012 por petición expresa da Autoridade Portuaria. Nunha primeira fase instalouse a unidade móbil en Bouzas, onde estivo dúas semanas, e á vista das análises e dos datos recompilados pode concluírse que os elementos medidos non superaron os valores límite.

 

 

 

 

Este dispositivo móbil conta con analizadores de SO2, NO2/NOx, PM10, PM2,5, O3, CO e benceno, que transmiten os seus datos a tempo real á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

 

 

 

 

Este dispositivo permitirá avaliar o impacto das achegas da actividade portuaria na calidade do aire, xa que conta con analizadores de SO2 (Dióxido de Azúfre), NO2 (Dióxido de nitróxeno)/ NOx(Óxidos de nitróxeno), PM10 / PM2,5 (pequenas partículas en suspensión sólidas ou líquidas de polvo), O3 (Ozono), CO (Óxido de carbono) e benceno, que transmiten os seus datos a tempo real á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

 

Unha vez finalizada a recompilación de datos, os técnicos da Consellería emitiran un informe para que a Autoridade Portuaria teña coñecemento da afección á calidade do aire das súas actividades, e de ser o caso, poida tomar as medidas oportunas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.14

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.