GALICIA
A primavera de 2017 foi a terceira coa temperatura máis alta da serie histórica
A temperatura media situouse nos 14.2 ºC, 1.82 grados centígrados por en riba do valor climático normal, o que a sitúa próxima aos valores de anomalía media rexistrados en 2011 (2.18 ºC) e 1997 (2.26 ºC).
A primavera de 2017 foi a terceira coa temperatura máis alta da serie histórica. Así se desprende do resumo do informe climatolóxico primavera 2017, elaborado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, onde se indica que a temperatura media situouse nos 14.2 ºC, 1.82 ºC por en riba do valor normal da serie rexional; polo que se pode considerar a terceira primavera máis cálida, preto de 2011 (2.18 ºC) e 1997 (2.26 ºC), ano no que se rexistrou a anomalía máis alta da serie histórica.
A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira, salientou que non só se pode considerar que a primavera de 2017 foi cálida atendendo á temperatura, senón que a chuvia media rexistrada é un valor que ratifica esta condición. Así, a chuvia media para as dezaseis estacións que compoñen a serie rexional foi de 257 L/m2; polo que a anomalía foi un 17% inferior ao valor normal, o que fai que se poida considerar como unha primavera seca.
Respecto do comportamento por meses, marzo caracterizouse por cambios moi significativos ao longo do mes, con valores próximos aos 30ºC na xornada do día 10 e con mínimas de -5 ºC nas xornadas do 22 ao 24. As zonas con temperaturas máis altas do habitual acadáronse principalmente no terzo norte da Comunidade e no interior de Lugo. No litoral oeste de A Coruña e áreas do interior, os valores estiveron no rango habitual para un mes de marzo. En relación coas chuvias, estas estiveron concentradas nos primeiros e derradeiros días do mes debido ao paso de sistemas frontais moi activos.
Cunha precipitación de 257 L/m2 considerase unha estación seca, o que implicou ter rexistrado un 17 por cento menos de precipitación ao valor normal
Nesta primavera é moi destacable o comportamento de abril que foi un mes moi cálido e extremadamente seco. A temperatura media no mes de abril foi 14.1ºC, 2.3 ºC por riba da media climática, debido fundamentalmente ás altas temperaturas máximas, xa que a mínimas estiveron en valores normais.
En canto ás precipitacións, abril foi extremadamente seco, sen apenas borrascas atlánticas. A anomalía media de precipitación foi dun 83% por debaixo do normal, sendo abril de 2017 o máis seco da serie histórica, similar ao do ano 1982. O único día en todo o mes no que as chuvias foron xeneralizadas, rexistrouse na derradeira xornada, o día 30. A chuvia media deste mes acadou un valor aproximado de 18 L/m2, moi lonxe dos 115 L/m2 propios deste mes.
Pola contra, maio foi un mes húmido, con precipitacións en xeral por riba da media climatolóxica, un 24%, e o valor medio para Galicia foi 119 L/m2. A precipitación tivo un marcado carácter treboento e noutros casos foi producida por frontes moi activas que atravesaron a Comunidade (o día 26 superáronse os 9.000 raios sobre Galicia, o maior valor nun día desde que opera a rede de detección de raios, o ano 2010). En canto as temperaturas, foi un mes extremadamente cálido, con temperaturas moi elevadas para a época do ano, a media para Galicia foi de 17ºC, polo que a anomalía situouse no +2.56 ºC, acadando o valor máis alto da serie climática e con valores similares aos rexistrados en 1989.
Previsión do verán
A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático tamén fixo un avance de como se estima que seá o verán na Comunidade Galega, Salientou que este estará caracterizado por ser cálido, xa que se esperan temperaturas elevadas, e con precipitacións escasas, o que é algo normal e esperable para esta época do ano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149