SALCEDA DE CASELAS
O PP de Salceda denuncia supostas "irregularidades nas contas da Festa dos Callos 2016"
"O Goberno municipal non ingresou nas arcas do Concello os cartos recaudados pola venda de entradas da actuación do pregoeiro 'O Show de Isi'" aseguran.
![[Img #33419]](upload/img/periodico/img_33419.jpg)
O Partido Popular de Salceda de Caselas, na súa función de control e fiscalización ao Goberno Municipal (Movemento Salceda), vén de descubrir, en palabras do seu voceiro Santiago Rodriguez Davila, “unha presunta irregularidade na contabilidade do Concello correspondente ao exercicio de 2016; irregularidade que se detectou pola ausencia do ingreso nas arcas do Concello do importe das entradas cobradas ós/ás veciños/as para asistir á actuación “O Show de ISI”, o pasado 3 de setembro ás 21:00 horas no Auditorio Municipal de Salceda”.
Os populares recordan que a actuación foi seguida por un amplo número de persoas na noite previa á Festa dos Callos, dada a expectación suscitada polo humorista, célebre protagonista dun programa da Televisión de Galicia.
“Non damos crédito ao acontecido e non hai excusa posible posto que, tal e como sucede noutras actuacións organizadas polo Concello nas que se cobraba a entrada, debería existir un apunte contable no Libro Maior de ingresos coa cantidade obtida na venda destas, mais este ingreso non consta en ningunha parte”, sinalan dende o PP.
Davila engade que “exemplo disto é a actuación no ano 2015 da pregoeira Isabel Risco co espectáculo “Naviza Girl”. Pódese comprobar que na contabilidade do Concello dese ano si existe o ingreso correspondente á recaudación das entradas. Se se fixo así en 2015, porqué non en 2016? A contabilidade do ano 2016 está pechada e aprobada e o ingreso non aparece por ningures”.
Para finalizar, o Partido Popular pregúntase ónde están os cartos do público asistente ao que se lle cobrou a entrada: “Esiximos ao alcalde, Marcos Besada, que asuma a responsabilidade, comenzando pola aclaración do destino dos cartos, ademais das explicacións e actuacións pertinentes, xa que estariamos fronte a un suposto caso claro de apropiación indebida de fondos públicos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149