PROVINCIA
A UNED de Pontevedra presentou os novos cursos de verán co apoio da Deputación de Pontevedra
O deputado provincial David Regades explicou no acto que para a institución provincial era unha obriga comprometerse con este proxecto.
![[Img #33463]](upload/img/periodico/img_33463.jpg)
O Centro Asociado da UNED de Pontevedra presentou esta esmana os seus cursos de verán, que impartiranse entre o 12 e o 14 de xullo e que teñen por obxectivo acercar a Universidade á sociedade. En palabras do deputado provincial de Cooperación David Regades para “a Deputación de Pontevedra estes cursos son moi importantes porque nós cremos que é unha obriga comprometerse coa formación continua.”
Estes cursos de verán da UNED contan coa achega económica da Deputación de Pontevedra, que aportará unha cantidade de 5.000 €. Para este investimento hai dous servizos implicados, 2.500 € por parte do Servizo de Cohesión Social e Xuventude e 2.500 € por parte do Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local.
O deputado de Cooperación Municipal aproveitou a presentación para “darlle as grazas a UNED pola organización de cursos cun nivel de tanta calidade” e para “invitar ás mulleres e homes de Pontevedra a anotarse canto antes”, pois hai un desconto dun 15% para as persoas que se matriculen antes do 1 de xullo.
Concretamente serán cinco os cursos que acollerá Pontevedra. O primeiro deles é “Arte e leyenda en el Camino de Santiago”, curso no que se poderá estudar o rico patrimonio material e inmaterial que atesora a ruta de peregrinación. O segundo curso titulase “La antropología en casa. Trabajos de campo sin exotismo” e ten por obxectivo acercar a realidade antropolóxica da Península Ibérica ó alumnado participante.
En canto ó terceiro dos cursos que impartiranse na UNED chámase “Aprendizaje ubicuo y móvil” e está orientado a docentes que desexen adquirir novos coñecementos teórico-prácticos relacionados con estratexias de aprendizaxe mediante tecnoloxías móbiles. “Violencia, agresividad y resolución de conflitos” é o nome do último curso que terá lugar nas instalacións do Centro Asociado. O seu obxectivo é abordar o problema actual e crecente de violencia na sociedade.
Por último, o Centro Asociado á UNED de Pontevedra conta un ano máis cun curso de verán para reclusos do Centro Penitenciario de A Lama, co obxectivo de facilitar a súa integración futura no mercado laboral. O nome deste quinto curso será “Técnicas y medios para la inserción laboral en la sociedad del conocimiento.”
En relación o contido destes cursos, o deputado provincial David Regades explicou que “teñen unha forte carga social e por iso para a Deputación de Pontevedra a colaboración con estes cursos de verán é unha responsabilidade social”.
Á presentación dos cursos acudiron xunto a directora do centro, Beatriz Rodríguez, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o propio David Regades, deputado de Cooperación Municipal. No acto, Beatriz Regades, que espera ter máis inscricións que o ano pasado, quixo dar “as grazas á Deputación de Pontevedra polo seu apoio xa que sen elas non poderíamos levar a cabo este cursos, pois son de moito nivel e grazas a eles podemos traer os mellores docentes.”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.53