Lunes, 24 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 24 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
TUI

O Concello de Tui recuperou a senda do Lagartón

Trátase dun camiño en terra de 1,5 quilómetros acondicionados por traballadores municipais.

[Img #33468]

 

O Concello de Tui acondicionou, con traballadores municipais, a senda do Largartón, cunha lonxitude de 1,5 quilómetros na parroquia de Guillarei. Trátase dun sendeiro antano utilizado de cotío polos veciños pero que quedara en desuso nos últimos anos motivo polo que fóra invadido pola maleza. Tras a intervención realizada pódese disfrutar novamente desta senda que brinda un paseo á sombra de árbores autóctonas, e cruza cunha pequena ponte por riba do regato Lagartón, que lle da nome. Está situada na zona da Veiga comezando fronte á Estación Depuradora de Augas Residuais de Guillarei e remata na parte traseira do tanatorio de Guillarei.  Está moi cerca da Ponte románica sobre o río Louro e do trazado do Camiño Portugués a Santiago. En breve serán sinalizadas con paneis as dúas entradas  e tamén o traxecto interior.


Esta actuación súmase á realizada xa hai meses na senda que une a rúa Olímpicos Tudenses coa vella Ponte Internacional, que forman parte do proxecto integral do goberno tudense de realización de sendas á beira do Miño e dos seus afluentes.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.