PROVINCIA
Silva reclama a participación dos concellos e deputacións para combatir o despoboamento das zonas rurais
A Presidenta da Deputación que participa en Huesca no segundo congreso sobre despoboamento alertou “de que o tempo dos xestos xa pasou”.
![[Img #33474]](upload/img/periodico/img_33474.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou esta semana, ante o plenario do “Segundo congreso contra o despoboamento rural” que reúne en Huesca a máis de 400 representantes municipais e de deputacións, as conclusións da ponencia sobre as “propostas lexislativas Ad Hoc” que se celebrou onte, na que reclamou a necesaria participación dos concellos e as deputacións na elaboración dunha nova lexislación marco que garanta medidas urxentes contra o despoboamento.
Na súa participación na mesa da ponencia, Silva foi moi crítica pola ausencia dunha verdadeira política que permita a fixación de poboación no eido rural cunha garantía mínima de servizos a cidadanía e de actividade económica que só as administracións poden garantir subliñando que xa pasou o tempo “dos xestos e das grandes palabras” e que a situación esixe medidas de urxencia.
A Presidenta da Deputación recordou que en 2007, sendo ministra de Agricultura a viguesa Elena Espinosa, o goberno socialista promulgou a “Lei para o Desenvolvemento Sustentable do Medio Rural” cunha dotación de 1.800 millóns de euros, pero que nunca foi desenvolvida polos gobernos posteriores nin dotada dos suficientes medios, e que podería servir como marco para a elaboración dun texto máis acorde coas actuais necesidades. Igualmente fixo referencia á lei de Montaña de 1983 “que indubidablemente non serviron para frear o despoboamento”.
Silva considerou que os concellos e as deputacións veñen desenvolvendo un traballo moi intenso no seno da FEMP para que o tema do despoboamento do rural sexa unha prioridade nas políticas “pero necesitamos marcar unha folla de ruta coas propostas moi claras”. “Algo que non consigamos lexislar so será unha suma de vontades e nada máis”, sentenciou a Presidenta.
Pero a necesidade dun liderado firme tamén foi demandado por Carmela Silva que asegurou que o mundo municipal, por ser o máis próximo o problema e quen debe impulsar este liderado, “é evidente a necesidade de que os concellos sexan os axentes principais de todas aquelas propostas lexislativas que afecten aos seus intereses.
“As deputacións e os gobernos locais, xunto á FEMP, temos que ser capaces de obrigar e esixir ao goberno de España e aos gobernos das comunidades autónomas a que establezan marcos lexislativos en relación ao despoboamento”, subliñou Silva.
Ademais de considerar necesario esta normativa básica estatal, a Presidenta, mantivo que é necesario que a lexislación europea fixe tamén uns criterios claros e iguales para todos os territorios da Unión, e que o criterio do despoboamento das zonas rurais debe estar incluído en todas as súas accións políticas.
Unha vez acadados marcos lexislativos europeo e estatal deben ser as comunidades autónomas as que adapten o marco xeral a realidade de cada un dos seus territorios, porque a xuízo de Carmela Silva “son os gobernos autonómicos os que teñen as competencias na mellora da ordenación territorial, en cultura, na educación, na sanidade ou no transporte que son os recursos básicos e necesarios para vencer na batalla da despoboamento”.
Por último, a Presidenta mantivo a necesidade de que os concellos e as deputación teñen que xogar un papel fundamental en todo este proceso lexislativo “porque somos os concellos e as deputacións as que xestionamos a realidade dos servizos e demandas dos nosos veciños e veciñas por ser as administracións máis pegada ao territorio”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153