Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 24 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

O Concello de Nigrán celebra o domingo dez anos de
 'Patos Surfing Day'

Esta iniciativa, que pretende divulgar a cultura surf, celébrase de xeito conxunto en 31 países do mundo.

[Img #33478]

 

Por décimo ano consecutivo o Concello de Nigrán, en colaboración con Patos Surf Club, organiza o Surfing Day 2017, que se celebrará con motivo do Día Internacional do Surf na praia de Patos o domingo 25 de xuño entre as 9.30 e as 20.00 horas. Esta xornada ten como obxectivo promover o surf e a súa cultura, coincidindo a apertura da tempada estival. Durante este día, o club patos presentará ao público a cultura e o deporte do surf a través de cursos, obradoiros e diferentes actividades completamente gratuítas, así como dar a coñecer e compartir valores de convivencia e respecto ao medio ambiente. Esta iniciativa ten como fin a promoción do surf a nivel mundial e participan nela de forma conxunta 31 países, con máis de 3.000 actividades e uns 30.000 participantes en total.

 

Entre as actividades do Surfing Day 2017 destacan cursos gratuítos de surf, seminarios de fabricación artesanal de táboas, uso gratuíto do material, inchables para nenos, talleres de pintura, zumba,test de táboas de surf, yincanas, música en directo, exhibicións de flyboard,  e moitas sorpresas máis.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.