PONTEAREAS
Esquerda Unida lamenta o impago de horas extras aos bombeiros de Ponteareas
ESQUERDA UNIDA considera "lamentable que o Concello de Ponteareas se negue a pagar as horas extras realizadas polos bombeiros municipais". Esta organización coincide no manifestado por parte de CCOO no sentido de "instar ao Concello a pagar na maior brevidade o importe das sentenzas e a que renuncie a calquera tipo de recurso con respecto ás mesmas. Ademais, dado o resultado favorable aos traballadores das sentenzas xa ditadas, o Concello debería proceder a pagar as horas extras do ano pasado e do actual, sen que para isto sexa necesario que os traballadores denuncien o incumprimento".
Por outra banda, EU manifesta que "o dos bombeiros non é o único departamento onde as traballadoras e traballadores realizan horas extraordinarias que logo non poden ser compensadas con horas libres tal e coma está establecido no convenio e no acordo de funcionarios, coma por exemplo o de secretaría. En vista disto, ESQUERDA UNIDA considera que o deber do Concello é pagar as horas extras en tódolos departamentos onde isto suceda".
Estas situacións de falta de persoal en distintos departamentos, "débense principalmente ás restricións legais do PP, limitando a taxa de reposición de prazas vacantes por xubilacións ao 50% e outras limitacións á contratación. Isto fai que a día de hoxe distintos departamentos do concello se atopen saturados de traballo e que sexa necesario un maior esforzo por parte dos traballadores e traballadoras para sacalo adiante. Polo tanto o mínimo que debería facer o Concello é compensar economicamente este esforzo sen que sexa necesario que o persoal do concello teña que ir ao xulgado para reivindicar os seus dereitos" explican.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149