SALCEDA DE CASELAS
O PP de Salceda solicitará a comparecencia do alcalde no pleno do venres 30 de xuño polas irregularidades detectadas
O Partido Popular de Salceda de Caselas solicitará a comparecencia do alcalde, da concelleira de Cultura e do Concelleiro de Facenda ó detectar máis irregularidades na Contabilidade do Concello correspondentes ó exercicio de 2016.
O Partido Popular de Salceda de Caselas ven de denunciar esta semana irregularidades na contabilidade do Concello. Correspóndense estas irregularidades con, alomenos catro actuacións do ano 2016 nas que o Goberno Municipal non ingresou os cartos obtidos da recaudación das entradas. Falan os populares das actuacións no Auditorio Municipal de “O Show de ISI” o 3 de Setembro, de “Batemento” o 4 de Setembro (Día da Festa dos Callos), da de “Vaamonde, Lamas & Romero” o 6 de febreiro (Entroido) e “Contacontos” no día das Letras Galegas (17 de Maio).
Os populares queren saber dende cándo se están levando a cabo este tipo de actuacións; por isto, solicitarán a comparecencia do Alcalde -Marcos Besada-, da Concelleira de Cultura -Teresa Pérez- e do Concelleiro de Facenda -José Luís González- no próximo Pleno Municipal, que se celebrará o 30 de xuño ás 21:00 horas. Explica o seu voceiro, Santiago Rodriguez Davila, que “se a comparecencia non é clara, continuaremos realizando a nosa labor de control e fiscalización solicitando a creación dunha comisión de investigación para ampliala ó 2017 e anos anteriores, posto que detectamos tamén algunha actuación no ano 2015 que presenta irregularidades”.
“Nesta semana proporcionaremos toda a información ás demais forzas políticas do Concello, con ou sin representación no Pleno Municipal, para que sendo plenos coñecedores, se sumen a esta denuncia dun presunto delito de apropiación de fondos públicos por parte do Goberno Municipal de Movemento Salceda. Convidamos tamén ós veciños e ás veciñas a que acudan ó Pleno do próximo venres posto que se trata dun feito de indudable relevancia para o noso Concellol” Continúa Davila.
Ós populares, seméllaselles “indignante que o alcalde, en vez de asumir a responsabilidae dos feitos, faga oídos xordos ó non dar ningún tipo de explicación ós veciños e veciñas, intente desviar a atención con outros asuntos e continúe ca mentira, unha mentira completamente insostible tal e como o demostran as numerosas probas e documentos oficiais do Concello que este grupo viu amosando durante esta semana.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149