Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Lunes, 26 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O prazo de inscricións na segunda das “Depo Andainas”. por Cambados abre este luns 26 de xuño

Nesta actividade de balde que organiza a Deputación de Pontevedra poderán participar 300 persoas que coñecerán a cultura vitivinícola da vila o vindeiro 9 de xullo.

Este luns 26 de xuño abre o prazo de inscricións para todas as persoas interesadas en asistir gratuitamente á vindeira ruta das “Depo Andainas”. A segunda parada deste ciclo, que comezou pola Illa de Arousa e O Carreirón o 18 de xuño, chegará nesta ocasión ao sendeiro natural da Pastora-Umia en Cambados, o vindeiro 9 de xullo. Nesta actividade poderán participar un total de 300 persoas.

 

A andaina comezará ás 9:30 horas desde o Monte da Pastora e terá unha duración de catro horas cun percorrido de arredor de sete quilómetros, con dificultade baixa. A ruta terá a cultura vitivinícola como protagonista, afastándose da zona monumental de Cambados, e nela poderase ver a desembocadura do río Ulla maila ría de Arousa ata a Illa de Sálvora, desenvolveranse visitas ás ruínas de Santa Mariña e ao Museo Etnográfico do Viño… Ademais, desenvolveranse actividades paralelas como un xogo de identificación de flora e fauna e demais elementos de importancia arquitectónica, etnográfica e de interese medioambiental.

 

O programa “Depo Andainas”, que vive este ano a súa segunda edición tralo cheo absoluto do ano pasado, cando se esgotaron as prazas, ten por obxectivo impulsar hábitos saudables, promover o turismo deportivo e de territorio, as actividades ao aire libre e poñer en valor a riqueza medioambiental, etnográfica, cultural e patrimonial da provincia de Pontevedra.

 

A ruta de Cambados, ademais, forma parte do convenio de colaboración asinado entre a Deputación de Pontevedra e o concello de Cambados dentro da posta en valor da elección da vila do Salnés como a Cidade Europea do Viño 2017. Posteriormente desenvolveranse outras tres rutas nos meses de setembro e outubro, a primeira delas nas Illes Cíes, a segunda en Tui co Camiño de Santiago e, en último lugar, en Soutomaior.

 

As persoas interesadas en participar nesta andaina de balde, que terá lugar o 9 de xullo, poden inscribirse a partir deste luns 26 e ata o vindeiro 5 de xullo a través dun formulario de inscrición que atoparán na páxina web da Deputación de Pontevedra, www.depo.gal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.173

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.