Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 28 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

'O Son do Pazo' entrega os premios do Concurso de Relatos Curtos

O acto de entrega tivo lugar no Pazo de Mos e contou coa presencia da Concelleira de Cultura,
Sara Cebreiro.

[Img #33486]

 

Coincidindo co inicio das vacacións escolares, a organización do III Festival Intercéltico 'O Son do Pazo' fixo entrega dos premios aos gañadores do I Concurso de Relatos Curtos sobre a música galega, dirixido a rapaces de entre 6 e 12 anos. A entrega dos agasallos tivo lugar no Pazo de Mos e contou coa presencia, entre outros, da Concelleira de Cultura, Sara Cebreiro.

 

O xurado, conformado pola cantante Uxía Senlle, a poetisa María Magdalena Domínguez e a atleta e profesora de lingua galega Soledad Castro, tivo que elixir os gañadores entre os 31 traballos presentados. O primeiro premio, recompensado cun set de xogos para o aire libre, recaeu en Antía Pexegueiro, de 11 anos de idade e alumna do Colexio Pena de Francia, polo seu relato “Música Galega”. A segunda clasificada foi Lidia Alonso, do Colexio de Atín, que recibiu un set de xogos de lóxica e o terceiro premio foi para Pedro Vilas, do Colexio Pena de Francia, que levou un set de xogos populares.

 

 

 

 

O xurado encargado de elixir os gañadores estivo conformado por Soledad Castro, Uxía Senlle e María Magdalena Domínguez

 

 

 

 

O Concurso de Relatos Breves é unha das principais novidades da terceira edición de 'O Son do Pazo', que terá lugar na contorna do pazo de Mos os días 1 e 2 de setembro. OCírculo Cultural e Deportivo Santa Eulalia de Mos, entidade organizadora do Festival, puxo en marcha o concurso co obxectivo de espertar o interese dos máis pequenos pola cultura e a tradición de Galicia.

 

Mañá, Tractorada Gaiteira por Mos

A organización xa ten prácticamente pechado o cartel do Intercéltico, polo que volverán pasar algunhas das figuras máis destacadas da escena folc galega e agora os esforzos céntranse na obtención de financiamento. Mañá domingo, os membros da Banda de Gaitas Airiños do Castelo levarán a súa música polos camiños da parroquia de Mos na terceira edición da 'Tractorada gaiteira', co obxectivo de recabar o apoio dos veciños. Xunto coas achegas das distintas institucións públicas e dos patrocinadores privados, a colaboración veciñal é fundamental para facer posible cada ano este proxecto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.