GALICIA
Feijóo: "o Xacobeo 2021 contará cuns servizos á altura das necesidades do século XXI"
“Dentro de tres anos terá lugar un dos acontecementos máis importantes da nosa historia recente, o Xacobeo 2021, e Galicia estará máis preparada ca nunca para ofrecer a súa mellor imaxe ao mundo”, di.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que a Comunidade galega está a traballar xa para que o Xacobeo 2021 conte cuns servizos á altura das necesidades do século XXI. “Dentro de tres anos terá lugar un dos acontecementos máis importantes da nosa historia recente, o Xacobeo 2021, e Galicia estará máis preparada ca nunca para ofrecer a súa mellor imaxe ao mundo”, aseverou.
Nesta liña recordou que, ademais da restauración da Catedral de Santiago, a Xunta traballa para que a rede de albergues públicos ofreza uns servizos á altura do que o primeiro Itinerario Cultural Europeo, declarado Patrimonio Mundial en 1993 e Premio Príncipe de Asturias da Concordia en 2004, merece.
Salienta que unha boa parte dos máis de 60 millóns de euros do Plan director do Camiño está destinada a que todos os albergues teñan wifi e sexan accesibles ás persoas con discapacidade
Así mesmo, unha boa parte dos máis de 60 millóns de euros que recolle o Plan director do Camiño está destinada a que todos os albergues teñan wifi e sexan accesibles ás persoas con discapacidade. Todo iso, para seguir acollendo coa máxima hospitalidade os peregrinos que decidan visitar esta terra e desfrutar dos atractivos culturais, patrimoniais, naturais e gastronómicos dos seus camiños.
Durante o acto de clausura da Carreira do Peregrino, Feijóo aseverou que este evento chegou para quedarse e converterse nunha oportunidade para unir os mellores valores do olimpismo cos valores xacobeos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149