GALICIA
O programa FEDER Galicia 2014-2020 seleccionou operacións por case 500 millóns de euros
A asignación económica ata finais de 2016 para desenvolver actuacións representa un 45,7% da axuda total programada.
![[Img #33503]](upload/img/periodico/img_33503.jpg)
O programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional de Galicia (FEDER Galicia) 2014-2020 seleccionou ata o pasado 31 de decembro aproximadamente 1.700 operacións, por un importe que case alcanza os 500 millóns de euros, o que supón un 45,7% da axuda total programada.
Así se puxo de manifesto na reunión que celebrou a semana pasada en Santiago o comité de seguimento do programa operativo de FEDER Galicia, onde se deixou patente que co desenvolvemento destas actuacións quérese consolidar o progreso autonómico cun modelo de crecemento intelixente, sustentable e integrador, en liña coa Estratexia Europa 2020.
En concreto, no ámbito do eixe 1 –centrado na investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación– concedéronse axudas a proxectos de Investigación, Desenvolvemento e innovación (I+D+i) aliñados cos retos e prioridades da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia. Beneficiáronse neste caso máis de 250 empresas e organismos de investigación públicos e privados, incluídos os do Sistema Universitario de Galicia.
O obxectivo do programa é reforzar as capacidades rexionais para avanzar cara a excelencia en I+D+i, impulsando a utilización das TIC e apoiando o tecido empresarial galego para mellorar a súa competitividade
No eixe 2 -para a mellora do uso e calidade das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) e o acceso ás mesmas- achegáronse infraestruturas TIC para incrementar a relación por medios electrónicos coa cidadanía e promovéronse servizos públicos dixitais en diversos ámbitos (aulas dixitais nos centros educativos, sanidade dixital, e-xustiza ou tributación electrónica, entre outros.).
Para a mellora da competitividade das pemes do eixe 3, lanzáronse por parte do Instituto Galego de Promoción Económica varias convocatorias de axudas para investimentos en pequenas e medianas empresas, así como para persoas emprendedoras e para a internacionalización, destacando os proxectos innovadores que contribúan á industria 4.0.
No eixe 4 –destinado a favorecer o paso a unha economía baixa en carbono en todos os sectores– destacaron no 2016 os traballos preparatorios para a execución das estacións intermodais (autobús e tren). Para o sistema de transporte público sobresaíron a demanda, os proxectos de mellora da eficiencia enerxética en 25 edificios públicos e as axudas para o aforro e eficiencia enerxética a empresas, con máis de 700 entidades beneficiarias.
O uso máis eficiente dos recursos naturais e culturais é outro dos seus ámbitos de actuación
Por outra banda, adquiriuse equipamento para a atención de riscos e emerxencias e melloráronse as redes de calidade das augas e do aire e as redes de observación meteorolóxica e oceanometeorolóxica, para combater os riscos do cambio climático.
Medio ambiente, infraestruturas, construción
No eixe medioambiental, comezouse a execución de varias infraestruturas de saneamento necesarias para garantir o bo estado das augas nas rías galegas. Lanzáronse tamén campañas de promoción dos recursos naturais e culturais de Galicia e leváronse a cabo actuacións de sinalización e adecuación dos diversos trazados do Camiño de Santiago, de promoción e conservación de espazos naturais e de elementos emblemáticos do patrimonio cultural.
No que respecta ás infraestruturas sociais do eixe 9, autorizouse gasto por case 50 millóns de euros. E por último, iniciáronse actuacións de construción, ampliación e mellora de infraestruturas educativas en seis centros, que atenderán a máis de 1.540 estudantes, e destináronse axudas para a creación e mellora de escolas infantís e casas niño en concellos e parques empresariais, con case 100 beneficiarios.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149