GONDOMAR
AMI denuncia a "actitude de desprezo continuada á linguano cuartel de Gondomar"
A Mesa pola Normalización Lingüística solicitou ao Ministerio de Interior a apertura dunha investigación para determinar e depurar as responsabilidades nos "casos de ataques sistemáticos e persecucións ao uso do galego producidos na cuartel da Garda Civil de Gondomar".
“A actitude contra a lingua propia e cooficial en Galiza neste cuartel é reiterada”, sinala Marcos Maceira, presidente da Mesa, e lembra que “no verán de 2015 a Mesa fixo pública unha queixa pola negativa do posto da Garda Civil a atender unha denuncia de roubo por estar feita en galego, que derivou nunha simples desculpa por parte da Comandancia de Pontevedra que, porén, recoñeceu os feitos”.
"O último ataque e desprezo pola utilización da lingua galega produciuse nos últimos días ao solicitar desde o corpo policial, unha sanción ao Concello de Gondomar por usar o galego nos sinais de tránsito" explican dende AMI.
Para a Mesa "este tipo de comportamentos en organismos estatais, con función policial, é extremadamente perigoso xa que “quen ten que velar pola posibilidade de exercicio dos dereitos fundamentais, como é o dereito ao uso da lingua propia, non pode encabezar a súa persecución. Neste caso a gravidade é maior porque a situación de vulnerabilidade das e dos cidadáns perante a forza pública é evidente, afirmou Maceira".
A Mesa pola Normalización Lingüística dirixiuse ao Ministerio do Interior, así como á Comandancia de Pontevedra para reclamar "unha investigación e a depuración de responsabilidades, xa que o sectarismo ideolóxico e o racismo lingüístico non se pode consentir nun estado democrático e menos se parte de institucións do propio estado".
Na mesma liña dirixirase á Secretaria Xeral de Política Lingüística e a Valedora do Pobo exixindo "que actúen para evitar estes casos en Gondomar e no resto de destacamentos da Garda Civil e Policía Nacional en Galiza".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103