PROVINCIA
Carmela Silva subliña que a bandeira arcoiris é un grito na defensa da diversidade e igualdade de todas as persoas
Por primeira vez na historia a entidade provincial mostrará na súa fachada ás cores do “Día do Orgullo” ate o próximo domingo.
![[Img #33587]](upload/img/periodico/img_33587.jpg)
A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, subliñou onte que colocar a bandeira arcoiris na fachada da institución provincial é un “grito na defensa da diversidade e igualdade de todas as persoas” ao que se quere unir todo o goberno provincial.
De feito a Presidenta xunto o vicepresidente, César Mosquera, e os deputados Javier Dios, Chelo Besada, Xosé Leal, Eva Villaverde, Uxío Benítez e Montse Magallanes, despregaron na fachada frontal da Deputación a bandeira arcoiris.
Carmela Silva subliñou que esta era a primeira vez que a Deputación mostraba a bandeira na súa fachada “polo que é un día especial para esta Deputación, como outros moitos nos que apostamos pola diversidade e a igualdade, porque todas as persoas teñen que ter os mesmos dereitos. E este é o mensaxe que queremos enviar a toda a cidadanía”.
A Presidenta incidiu no “compromiso” que a entidade provincial ten na defensa da igualdade de todas as persoas “e a bandeira do orgullo cos seus cores é un grito nesa defensa, porque nos enchemos de dignidade poñéndoa na fachada”.
Pola súa parte, o vicepresidente, César Mosquera, subliñou que “parece mentira” que na sociedade aínda teñamos que estar a facer estes xestos na defensa da igualdade das persoas porque os perigos de discriminación dos cidadáns por ser diferentes aínda están aí “por desgraza”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106