Martes, 20 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 29 de Junio de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Ferida leve tras saírse da vía co seu vehículo en Torroso

[Img #33596]

 

Unha muller resultou ferida tras saírse da vía co seu vehículo en Torroso, na estrada que une Puxeiros e Mos. Pasados uns minutos das 07:30 horas desta mañá un particular informaba ao 112 Galicia dun coche que chocara contra a mediana  da A-55 e rebotara contra outro turismo. Ademais de recibir a alerta doutros particulares, tamén, unha das condutoras implicadas solicitaba ao 112 Galicia asistencia sanitaria para ela mesma. Aseguraba que o outro condutor estaba ben. Así, pasouse aviso, decontado, a Urxencias Médicas e á Garda Civil de Tráfico. Tamén se informou aos Bombeiros de Baixo Miño, a Protección Civil de Mos e ao servizo de mantemento da estrada.  

 

Membros do servizo municipal de emerxencias da localidade confirmaron ao persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 que, finalmente, a muller foi atendida no mesmo lugar polo persoal sanitario, sen ser preciso o seu traslado.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.