Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 02 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra organizará xunto co COAG a primeira edición de Ludantia: I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura

A institución provincial aproba un convenio co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia a través do cal destinará unha achega de 60.000 €.

[Img #33627]

 

A Presidenta da Deputación de Pontevedra deu a coñecer esta semana a posta en marcha dun convenio de colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) para que Pontevedra acolla “Ludantia: I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a infancia e a mocidade.” Carmela Silva sinalou que “na Deputación seguimos apostando por proxectos que permitan que as cidades poidan ser recuperadas pola cidadanía, pola participación real da sociedade civil, neste caso polas nenas e nenos e polas mozas e mozos. Esta é unha iniciativa moi interesante do COAG que nos permite estar ao lado desa cidadanía que ten propostas para poñer en marcha cidades máis abertas onde todas e todos teñan a capacidade de construír e deseñar o espazo público.”

 

Carmela Silva puxo en valor este convenio polo que a Deputación de Pontevedra aportará unha achega de 60.000€ (42.000 € no 2017 e 18.000 € no 2018) a esta iniciativa do COAG que está centrada nos proxectos educativos coma a mellor ferramenta posible para amosar todo o potencial, toda a capacidade de propoñer, que ten a infancia e a mocidade en relación aos espazos compartidos tanto nos colexios coma nas prazas ou nos camiños. “Queremos que as nenas e os nenos, as mozas e os mozos, se convertan en auténticas arquitectas e arquitectos dos espazos que empregan e comparten", afirmou en rolda de prensa a Presidenta da Deputación.

 

“Ludantia” trátase dun evento aberto a centros educativos, profesionais da educación, artistas, organizacións gobernamentais ou municipais, organizacións sen ánimo de lucro e persoas e colectivos independentes de todo o mundo interesados na educación do mundo construído. O tema elixido para esta primeira edición será: “Habitar o espazo común desde o lúdico: do patio escolar á cidade como taboleiro de xogo”.

 

En canto ao fin deste proxecto organizado entre a Deputación de Pontevedra e Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Carmela Silva explicou que “o obxectivo que pretendemos é incluír á infancia e á mocidade nos procesos de construción do espazo común, acompañándoos nos seus procesos de creación e sendo mediadores para que se escoite a súa opinión e se teñan en conta as súas propostas, coa firme crenza de que con iso acadaranse contornas mellores.”

 

 

 

 

“Ludantia: I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a infancia e a mocidade” celebrarase en Pontevedra do 10 maio ao 17 xuño de 2018

 

 

 

 

Para esta Bienal Internacional está previsto que se realicen actividades entorno a tres fases. A primeira, cuxo prazo rematará o próximo 30 de novembro, será a realización de proxectos educativos. Nesta fase os centros educativos ou entidades teñen que realizar os seus proxectos educativos con nenas e nenos, mozas e mozos de ata 18 anos sobre o espazo público, nos que deben reflexionar sobre o espazo e propoñer actuacións para a súa transformación física ou simbólica. En relación a esta fase inicial Carmela Silva apuntou que “xa se recibiron 154 proxectos polo que tendo en conta que o prazo remata o 30 de novembro podemos dicir que está a ter unha moi boa acollida.”

 

A segunda fase, que se estenderá ao longo do primeiro e segundo trimestre do curso 17/18, consistirá na preparación dos contidos da exposición e os relatorios. Desta maneira, dos proxectos presentados, o comité científico encargarase de escoller os contidos que formarán parte da Bienal que acollerá entre maio e xuño a cidade de Pontevedra. Amais, o comité científico premiará a tres proxectos pola súa innovación e calidade e convidará ás seus autoras e autores a contar na Bienal a súa experiencia. Tamén se outorgarán seis mencións aos proxectos máis destacados.

 

Por último, a terceira fase será a celebración da I Bienal Internacional, que terá lugar en Pontevedra do 10 de maio ó 17 de xuño de 2018. Durante estes días exporanse os proxectos educativos seleccionados, outorgaranse os premios e as mencións e completarase cun ciclo de conferencias, de tres días de duración, sobre espazo público e infancia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.