GALICIA
Medio Ambiente difundirá entre os bañistas boas prácticas para o fomento da reciclaxe e o consumo responsable
Esta actuación forma parte da campaña itinerante ‘Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclemos mellor’, que lidera a Consellería de Medio Ambiente en colaboración con Sogama e Ecoembes, co fin de incrementar as taxas de reciclaxe e prolongar a vida útil dos produtos.
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio achega as boas prácticas para o fomento da reciclaxe aos areais galegos. Será a través da campaña itinerante Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclemos mellor, liderada polo departamento autonómico en colaboración con Sogama e Ecoembes; que durante este verán se instalará nas praias da Comunidade para seguir sensibilizando á cidadanía sobre a importancia de adoptar comportamentos que faciliten a valorización dos residuos e a prolongación da vida útil dos produtos.
Así, concretamente durante este mes de xullo, a aula móbil trasladarase a un total de 19 areais das provincias da Coruña e Pontevedra e visitará unha ducia de campamentos de verán espallados por toda a Comunidade. Igualmente, a programación da campaña itinerante prevista para esta tempada completarase coa instalación dunha carpa informativa nos concellos de Frades, Abegondo, Mesía, Touro, Carballedo, Begonte, Monterrei, Cerdedo e Castrelo de Miño. Esta carpa estará presente, tamén, durante a celebración de probas deportivas como o Campionato Nacional de Surf de Ferrol, que se celebra o vindeiro 2 de xullo, ou o Kayak de Cabanas, o día 20. En calquera caso, a programación completa para o mes de xullo pode consultarse no seguinte cadro.
Deste modo, mediante actividades lúdico-didácticas, o persoal especializado da aula móbil e das carpas informativas mostrarán aos participantes como un xesto sinxelo pode axudar a coidar o planeta. Deste xeito, reutilizar papel, pois cunha tonelada de papel recuperado evitase a tala de 24 árbores adultas; reciclar unha botella de plástico aforra a enerxía necesaria para manter unha lámpada acesa durante 6 horas, pola contra, tarda 450 anos en descompoñerse na natureza; ao igual que as latas, que tardan entre 250 e 500 anos en descompoñerse, mentres que unha soa lata pode facer funcionar un televisor durante 3 horas.
En concreto, no vindeiro mes de xullo, a carpa informativa instalarase en 19 praias da Coruña e Pontevedra e nunha ducia de campamentos de verán repartidos polas catro provincias galegas
Ademais, cómpre salientar que para facer desaparecer unha botella de vidro son necesarios máis de 5.000 anos se non se recicla, cando, se o facemos, estamos a aforrar enerxía para manter acendida unha lámpada durante catro horas.
En definitiva, os monitores animarán aos participantes a adoptar accións sinxelas que se poden materializar e realizar no día a día de xeito individual por grandes e pequenos, xa que o coidado do medio ambiente é unha responsabilidade de todos.
Por iso, o departamento de Medio Ambiente aposta por abandonar o sistema lineal de fabricar-usar e tirar para transitar cara a un modelo circular no que se dea prioridade ao máximo aproveitamento dos produtos. É importante reiterar a imposibilidade de contar con recursos naturais suficientes cos que satisfacer as demandas dunha poboación mundial en continuo crecemento.
Separemos ben, reciclaremos mellor
Cómpre recordar que hai case un ano o departamento autonómico puxo en marcha a campaña Oportunidades Galicia. Separemos ben, reciclaremos mellor. Trátase dunha iniciativa, en colaboración con Sogama e Ecoembes, que ofrece diversas actividades lúdico-didácticas a través das cales persoal especializado forma e informa ao público sobre a correcta separación dos residuos domésticos e os hábitos e comportamentos que poden adoptar para incrementar as taxas de reciclaxe, prolongar a vida útil dos produtos e fomentar a economía circular.
Dende a súa posta en marcha, en agosto de 2016, esta iniciativa xa ten achegado a case 75.000 cidadáns, que formaron parte activa da mesma e foron os destinatarios dalgunhas das 1.725 acciones realizadas neste período.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149