PONTEAREAS
Ponteareas implanta software libre nos equipos informáticos de tódalas instalacións municipais
Estará implementado en tódolos equipos informáticos municipais no prazo dun mes.
![[Img #33640]](upload/img/periodico/img_33640.jpg)
A concellería de Novas Tecnoloxías, dirixida por Benito Márquez, tomou a decisión de implantar software libre naqueles servizos onde o software privado “non era mellor ca este”.
Este software é totalmente libre e gratuíto, fronte ao custe do software de Microsoft, onde os precios varían dependendo das versións, que van dende os 200 aos 400 euros.
Este proceso afectou xa a máis do 85 % do parque de ordenadores da administración local. Nos próximas semanas levarase a cabo o cambio de software no Centro de Desenvolvemento Local, na Biblioteca Municipal e na Escola Infantil. Benito Márquez, edil de Novas Tecnoloxías, sinala que “con esta decisión estamos ofrecendo o mesmo servicio que antes pero sen ter que pagar a Microsoft polas licencias, supondo un aforro considerable ao ano para o concello”.
A Concellería de Novas Tecnoloxías estima en 36000 euros o aforro en licencias a Microsoft
O Concello de Ponteareas utilizaba na actualidade software de Microsoft polo que había que pagar pola súa utilización, un gasto que rondaba os 36000 euros en 3-4 anos.
“Actualizar as licencias dos [] equipos cos que conta o Concello, a unha media de entre 200 e 300 euros, supuña un gasto considerable que agora podemos adicar a mellora dos equipos informáticos, que están bastante obsoletos”.
Este proceso de migración foi levado a cabo polo Departamento de Informática, individualmente en cada equipo informático, é dicir, de PC en PC.
Benito Márquez agradeceu a tódolos traballadores a súa boa disposición ao novo software, destacando “que a maioría se adaptou bastante ben ao cambio”. Pola súa parte, sinalou tamén que de ser necesario, faranse cursos formativos sobre o uso deste novo software para aqueles traballadores que o precisen e así o soliciten.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149