Jueves, 25 de Septiembre de 2025

Xornal21
Lunes, 03 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

A Xunta reafirma o seu compromiso co Centro de Saúde do Porriño

O representante do Goberno na área territorial de Vigo, Ignacio López-Chaves, defende que a aposta pola Sanidade pública non se limita unicamente a melloras nas instalacións sanitarias, senón tamén a un reforzo no cadro de persoal.

O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, quixo destacar "o esforzo inversor do Goberno galego nunha área, a sanitaria, que se considera prioritaria e que supón preto do 42% do orzamento global da Xunta". A carteira acada este ano a cifra de 3.614 millóns de euros. Un compromiso que, indicou, non se limita unicamente a melloras nas instalacións sanitarias, senón que tamén se reforza o cadro de persoal.

 

Neste contexto, recordou as recentes melloras no centro de saúde de Porriño, destinadas a incrementar os seus recursos físicos e humanos. Así, a xerencia da área sanitaria de Vigo dotou ao centro dun sistema de climatización, dando resposta ás demandas de profesionais e usuarios, que nos meses de verán tiñan que soportar altas temperaturas, dadas as especiais características arquitectónicas deste edificio sanitario. Trátase dun inmoble deseñado en torno a unha galería acristalada moi exposta á luz solar, que absorbe e condensa de tal xeito a calor, que todas as medidas adoptadas con anterioridade para minimizar o seu impacto (equipos de refrixeración “pingüíns”, instalación dos filtros solares, etcétera) resultaron insuficientes.

 

Por este motivo, tras realizar o estudo técnico correspondente, adoptouse unha solución definitiva, a instalación centralizada de aire acondicionado nas áreas de consultas. Esta medida tense demostrado eficaz, mellorando considerablemente as condicións de traballo do persoal e a confortabilidade da atención aos usuarios.

 

 

 

 

A recente incorporación dun sistema de climatización, xunto cunha nova Sala de Observación no Punto de Atención Continuada (PAC) son algunhas das novas dotacións

 

 

 

 

Tamén cómpre subliñar a dotación dunha nova Sala de Observación no Punto de Atención Continuada (PAC), dispositivo con 4 postos de atención, que incrementa de xeito considerable a calidade asistencial ofertada neste servizo.

 

Máis profesionais sanitarios
No referido  aos recursos humanos, o cadro de persoal deste centro de saúde experimentou nos últimos meses un incremento de efectivos, coa incorporación de dous novos profesionais: un pediatra e unha enfermeira. “Deste modo o PAC conta a día de hoxe con dous equipos completos de atención, conformados por un médico e unha enfermeira cada un deles”, salientou López-Chaves, ao tempo que recordou que, en xeral, o servizo de Atención Primaria de Porriño conta con 66 profesionais.

 

No que vai de ano, no centro atendéronse máis de 96.000 consultas: aos médicos de familia, 51.933; os  pediatras, 9.105; e os profesionais de enfermaría, 35.124 . Destas 96.000 mil atencións sanitarias, un milleiro delas foron realizadas no domicilio dos pacientes. A estas se lle suman as urxencias atendidas no PAC que ascenden, neste mesmo período, a 13.673 pacientes.

 

Premio á xestión sanitaria
O delegado da Xunta en Vigo fixo fincapé en que este esforzo orzamentario dos últimos anos xunto a aposta por mellorar as dotacións sanitarias tivo onte en Madrid recoñecemento, en alusión ao galardón recollido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pola súa labor á fronte da sanidade pública galega na entrega dos XIII Premios á Administración sanitaria da revista Sanitaria 2000. Tamén o Servizo Galego de Saúde foi recoñecido por esta publicación na categoría de Innovación.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.223

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.