GALICIA
Xunta e Estado constitúen o Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia para este ano
Está presidido polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o subsecretario do Ministerio do Interior, Luis Aguilera.
![[Img #33651]](upload/img/periodico/img_33651.jpg)
Esta semana constituíuse o Comité Integrado de Prevención de Incendios de Galicia (CIPIG) para a campaña 2017, estando operativo a partir do 1 de xullo e ata o vindeiro 30 de setembro, período establecido como época de alto risco de incendios forestais.
Este Comité está presidido polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o subsecretario do Ministerio del Interior, Luis Aguilera, e ten como finalidade coordinar as actuacións da Xunta e o Goberno Central en materia de prevención e loita contra os incendios forestais na Comunidade Autónoma de Galicia.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, incidiu na importancia da colaboración, coordinación e cooperación entre as Administracións para conseguir facer fronte con máis eficacia aos incendios forestais e intentar evitar o máximo posible esta lacra, así como tentar reducir os danos ocasionados polos lumes.
O Comité ten como finalidade coordinar as actuacións entre Xunta e Goberno central en materia de prevención e loita contra os incendios forestais na Comunidade Autónoma galega
Na reunión do CIPIG tamén participaron a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez Mejuto, e o delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, así como o director xeral de Protección Civil e Emerxencias, Juan Antonio Díaz; o subdirector de Silvicultura e Montes do Magrama, Guillermo Fernández; o xefe superior de Policía Nacional de Galicia, Manuel Vázquez; o xeneral Xefe da XV Zona da Garda Civil de Galicia, Ángel Alonso Miranda. Tamén asistiron a directora xeral de Política de Defensa do Ministerio de Defensa (DIGENPOL), María Elena Gómez; e o comandante do V batallón da Unidade Militar de Emerxencias, Javier Trevín.
En representación do Goberno galego, tamén estiveron presentes o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor; o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto; e o comisario xefe da Policía Autonómica, Silverio Blanco.
Pladiga 2017
A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, aproveitou esta xuntanza para insistir na necesidade de manter o esforzo conxunto por parte de todas as administracións públicas e da sociedade galega en xeral fronte ao problema dos incendios forestais. Lembrou que esta loita mobiliza numerosos medios humanos e materiais, que cifrou nun total de 7.000 efectivos en época de alto risco, entre os propios da Xunta e os do Estado, así como uns 30 medios aéreos e 360 motobombas, tal como se establece no Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga).
A actualización deste plan para a campaña de 2017 foi aprobada onte polo Consello da Xunta. Como novidade principal, establece a posibilidade de visualizar, en tempo real, a todo o persoal e medios materiais que conten con emisora, o que redundará nunha maior seguridade dos profesionais e dotará tamén de máis axilidade ao despregue do dispositivo.
Responsabilidade
A conselleira amosou de novo o apoio da Xunta a todas as administracións públicas competentes para o cumprimento da normativa no que atinxe á protección do patrimonio natural fronte os incendios e incidiu na responsabilidade compartida nestas tarefas de prevención e defensa.
A titular de Medio Rural lembrou, así mesmo, que está a disposición dos cidadáns un teléfono gratuíto (o 085) para alertar de posibles incendios e de actividades delituosas, unha ferramenta que –dixo– cobra especial importancia e utilidade diante do inicio, mañá sábado, da época de alto risco de lumes. Reiterou o agradecemento do Goberno galego a todos os profesionais que colaboran nas tarefas de prevención, defensa e extinción dos lumes e pediu unha vez máis tolerancia cero cos incendiarios.
Ángeles Vázquez valorou especialmente a colaboración do persoal contra incendios e a súa profesionalidade no servizo, que ponse de manifesto coa progresiva diminución do número de lumes nos últimos anos e coa cada vez maior concienciación social fronte a esta problemática.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149