Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 05 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

A Xunta urxe ao Concello de Salceda de Caselas a que ceda a parcela para construír o novo centro de saúde

A referencia catastral que figura no convenio asinado en marzo entre o conselleiro de Sanidade e o alcalde non existe como tal no Rexistro da Propiedade.

A Xunta reclama ao Concello de Salceda de Caselas a modificación urxente do catastro que mantén bloqueada a tramitación da cesión da parcela na que está proxectado construír o novo centro de saúde da localidade pontevedresa. A referencia catastral que figura no convenio asinado en marzo de 2016 entre o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o alcalde, Marcos David Besada Pérez, non existe como tal no Rexistro da Propiedade de Tui.

 

A finca en cuestión, cuxa recepción foi aprobada no Consello da Xunta do 28 de abril de 2016, viuse afectada polo Proxecto de Reparcelación da UE-2 mudando o seu número de rexistro. Esta situación motivou que o pasado 10 de marzo non se puidera firmala escritura tal e como estaba previsto.

 

Neste senso, unha vez constatado o erro, o Servizo Galego de Saúde solicitou ao goberno de Salceda de Caselas a documentación precisa para continuar coa tramitación da cesión do terreo. Nun escrito enviado o pasado 25 de abril, e reiterado nun segundo requirimento o 31 de maio, solicita ao Concello o novo certificado do Rexistro da Propiedade onde figure o número corrixido da finca, o seu carácter patrimonial e a confirmación de que está libre de cargas. Ademais, deberá acreditar que a finca a ceder segundo o acordo celebrado en sesión plenaria o 12 de maio de 2011 é a mesma que a que figura no novo certificado do Rexistro da Propiedade.

 

A Xunta insiste na necesidade de reinicialos trámites o antes posible e demanda ao Concello que lle remita a documentación que enviou incompleta o pasado 6 de xuño. Neste senso, recorda que é esencial que no rexistro figure a parcela como ben patrimonial e sen cargas.

 

Compromisos
Segundo o convenio asinado o pasado mes de marzo de 2016, o Concello de Salceda comprométese á cesión gratuíta ao Sergas dunha parcela para a construción do centro de saúde. Ademais, asumirá os gastos derivados de facer chegar as infraestruturas existentes ao edificio, como son os accesos rodados e peonís, conexións aos sistemas de abastecemento, saneamento, subministro eléctrico, alumeado, telefonía e aparcamento, entre outros. Tamén facilitará toda a documentación necesaria para a redacción do proxecto de obras, incluídas as licenzas e demais permisos urbanísticos.


Pola súa banda, a Administración sanitaria galega comprométese á elaboración, supervisión e á aprobación do proxecto técnico, así como a contratar, dirixir e executar as obras de construción do centro de saúde, con cargo aos seus orzamentos.

 

Tamén asumirá os gastos en bens correntes e servizos do terreo cedido, como son os gastos derivados de reparacións, mantemento e conservación, material, subministracións, comunicacións e transportes, entre outros.

 

O convenio ten unha vixencia de tres anos, podendo ser prorrogado por mutuo acordo das partes asinantes antes da data da súa finalización, ata a consecución do seu obxectivo. Foron os trámites urbanísticos pendentes de reparcelación e impacto ambiental os que impediron iniciar antes estas actuacións.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.