Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 06 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

A Xunta de Galicia publica a transferencia a prol do Concello de Salvaterra de Miño da estrada PO-409

O Goberno galego rematou recentemente as obras de renovación dos servizos de saneamento e drenaxe e o acondicionamento do firme nesta vía, cun investimento duns 270.000 euros.

[Img #33740]

 

A Xunta publica esta semana no Diario Oficial de Galicia (DOG) a transferencia a prol do Concello de Salvaterra de Miño da estrada PO-409, que conecta esta localidade coa Rañada.

 

O Concello do Salvaterra manifestou á Consellería de Infraestruturas e Vivenda o seu interese polo cambio de titularidade da estrada PO-409, que discorre integramente polo seu termo municipal, unha vez que a administración autonómica acondicionase o treito urbano.

 

A estrada PO-409 (Salvaterra-A Rañada), pertencente á rede secundaria de titularidade autonómica, conta cunha alternativa viaria de maior nivel de servizo: a estrada PO-510 (Atios-Oleiros), que forma parte da rede primaria básica de estradas e discorre practicamente en paralelo. Polo que rexistra un tráfico principalmente local.

 

Esta vía, cun total de 1,79 quilómetros de lonxitude, pode dividirse en dous subtramos: o primeiro, dende a intersección coa PO-403 ata a obra de paso sobre o Tea; e o segundo, desde este punto ata o final da estrada, na intersección coa PO-510.

 

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes dependentes da comunidade autónoma e das entidades locais.

 

Con esta transferencia, o Concello poderá actuar sobre esta vía de acordo coas súas características urbanas, e nela xa non serán de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas, como por exemplo as limitacións de usos ou actividades nas súas marxes ou os accesos, ao tempo que se reducirán as cargas administrativas sobre os cidadáns dos núcleos polos que discorre.

 

Mellora da estrada
Cómpre lembrar que a Xunta rematou o acondicionamento no tramo urbano da PO-409 e posteriormente, logo do acordo co informe emitido polos servizos competentes, formulou proposta favorable á transferencia de titularidade.

 

En 2016, a Axencia Galega de Infraestruturas licitou as obras de renovación dos servizos de saneamento e drenaxe e o acondicionamento do firme nesta vía, que se remataron a principios de 2017. O Goberno galego financiou estas actuacións cun custe duns 270.000 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.