Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 06 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta, o Porto e a Zona Franca de Vigo inician o pago de máis de 1,5 millóns de euros a expropiados da PLISAN

Os abonos realízanse ao longo de toda esta semana e rematarán o vindeiro luns, día 10 de xullo.

A Xunta, o Porto e a Zona Franca de Vigo inician esta semana o pago de máis de 1,5 millóns de euros aos propietarios expropiados da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (Plisan).

 

Os abonos, que se realizarán ao longo de toda esta semana e rematarán o vindeiro luns, día 10 de xullo, acadarán un importe de máis de 1,5 millóns de euros  As distintas administracións procederán a realizar novos pagos despois do verán.

 

 

 

 

As distintas administracións procederán a realizar pagos están despois do verán

 

 

 

 

Neste momento, na Plisan estanse executando distintas actuacións que corresponden ás obras da primeira fase dos servizos xerais, que xa se atopan  a piques de rematar.

 

A obra da EDAR (Estación depuradora de augas residuais) xa foi licitada no mes de marzo do ano 2016 e, actualmente, o proxecto da ETAP xa se atopa redactado.

 

Así mesmo, está en supervisión e en redacción o proxecto de execución da urbanización da zona LE, que foi adxudicada o pasado mes de maio pola Zona Franca de Vigo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.