Martes, 20 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 06 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
MOS

Comeza a operar o dispositivo de loita contra incendios dotado de 14 traballadores

O Concello de Mos contratou, grazas á subvención de Medio Rural, 4 operarios, 1 xefe de brigada e 9 condutores durante a tempada estival.

[Img #33760]

 

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira mosense de Medio Ambiente, Julia Loureiro, e o coordinador do Servizo Municipal de Emerxencias, Rodrigo Iglesias, déronlle onte a benvida no Concello aos 14 traballadores que integran o dispositivo local de loita contra incendios deste verán.


O Concello de Mos inicia a súa campaña municipal contra incendios deste verán para a que a administración local contratou, grazas ó convenio por tres anos asinado coa consellería de Medio Rural, 14 traballadores: 4 operarios integrantes dunha brigada forestal, un xefe para dita brigada e 9 condutores para os vehículos motobomba; aos que esta mañá recibiron no salón de sesión do Concello a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e a concelleira de Medio Ambiente e Emerxencias, Julia Loureiro.


Este convenio antes asinábase anualmente e agora, con esta firma por tres anos, conséguese unha maior estabilidade do servizo prestado e garantir a creación dunha serie de postos de traballo de cara ao vindeiro ano.


O 16 de xuño rematou o prazo de inscricións do que resultaron un total de 51 candidatos inscritos: 18 para o posto de condutor/a, 5 para o de xefe/a de brigada e 28 para o de operario/a. A seguinte semana realizáronse as probas de selección para que os/as seleccionados/as puideran comezar a traballar o pasado luns 3 de xullo.


Estes 14 novos traballadores estarán operativos todo o verán para realizar funcións de prevención e defensa forestal, reforzando o xa existente Servizo Municipal de Emerxencias e contando en todo momento coa colaboración dos integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos.


As representantes municipais, a rexedora local Nidia Arévalo e edil Julia Loureiro declaron a este respecto que “a importancia deste dispositivo de loita contra incendios é vital”, pero incidiron en que “é preciso concienciar á cidadanía para intentar diminuír desde o primeiro momento o risco dun lume, xa que o monte é patrimonio de todos. Por iso insistimos en potenciar a prevención, a vixilancia e disuasión para que os montes mosenses non séxan vítimas dos lumes”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.