Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 05 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
Provincia

Falece un operario nos traballos de ampliación da ponte de Rande

A CIG ocupou as obras recentemente para denunciar os perigos derivados do exceso de xornada

Un operario resultou morto hoxe nun acciedente laboral ocorrido nas obras de ampliación da ponte de Rande, no termo municipal de Moaña, ao caer dunha altura de cinco metros cando traballaba na colocación dunha vallas de seguridade na zona onde se está a levantar un dique de contención. A CIG desenvolveu recentemente unha acción simbólica moi preto do lugar do sinistro para denuciar a explotación laboral nesta obra pública e os perigos derivados do exceso de xornada.

 

Segundo explican empregados dunha das subcontratas que traballan para a UTE que se encarga das obras de ampliación, o acidente laboral tivo lugar debaixo da ponte, a carón do mar, arredor das catro da tarde, na zona onde se está a levantar un dique de pedra sobre o que se vai construir un muro. O falecemento do traballador, natural de Canarias e de 54 anos de idade, produciuse tras precipitarse dunha altura de cinco metros cando se atopaba instalando unhas vallas de seguridade, xa que o operario facía traballos de seguridade para o Grupo SYO, outra das preto de 20 subcontratas que participan na obra. 

 

O traballador faleceu tras precipitarse dunha altura de cinco metros na zona onde se está a construír un dique
 

Tal e como indican estes operarios, que ademais eran compañeiros do falecido, as condicións nas que desenvolven o seu labor facían prever que sucedese algo así, xa que á falta de seguridade na obra hai que sumarlle o exceso de xornada. “”Cando hai carga de traballo facemos até 12 horas seguidas case sen parar, mesmo comendo un bocadillo na obra e listo, e traballamos sábados, domingos e festivos, e todo por sete euros a hora. E se te negas mándante para a casa”, denuncian.

 

Precisamente co obxectivo de chamar a atención sobre estas condicións laborais de explotación a CIG desenvolveu o pasado 20 de xuño unha acción na zona de traballo situada moi preto do lugar onde hoxe tivo lugar o accidente laboral que consistiu na toma simbólica das obras. A central xa advertía entón do perigo para a integridade física dos operarios que supoñían as xornadas laborais de até 12 horas, en moitos casos a unha altura de 60 metros e a pleno sol. “Aínda que se cumprisen todas as medidas de seguridade, que tampouco é o caso, os excesos de xornada provocan fatiga e cansanzo que en moitas ocasións están detrás dos acidentes laborais, neste caso con consecuencias fatais”, censura Xoán Xosé Melón, secretario nacional da CIG-Construción.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.