GALICIA
O persoal do 112 acorda en asemblea pór fin á folga de 83 días tras seren aceptadas todas as súas demandas
Queda pendente de resolver o mal funcionamento do programa informático e rematar coa privatización do servizo.
A unidade, persistencia e convicción do persoal do 112 que durante 83 días mantivo un pulso coa empresa e a Xunta de Galiza, fixo posíbel que a última hora de onte –mércores día 6 de xullo- se puxera fin ao conflito tras o AGA emitir un laudo no que se ven recoñecidas todas as súas demandas laborais. Con todo o comité insiste en que seguirá demandando que se solucionen todos os problemas derivados do mal funcionamento da plataforma informática, que é a súa principal ferramenta de traballo, e loitando para que este sexa un servizo 100% público e de calidade.
Foron necesarios 83 días, máis de 180 piquetes e mobilizacións de todo tipo, 6 xuntanzas no AGA e doce horas de reunión na última para que as partes acordaran someterse a unha arbitraxe que se resolveu cun laudo que pon fin á folga a partir das dez horas desta noite. Laudo no que se constata que todas e cada unha das demandas eran de xustiza.
Segundo explica Isabel Moares, presidenta do comité, “todo o que reclamamos: dereito á subrogación; incremento salarial para compensar as perdas derivadas da decisión unilateral da Xunta de trasladar o centro de traballo para a Estrada; as cuestións de xornada e de conciliación son recoñecidas”.
10% de incremento salarial
Unha das principais demandas do persoal do 112 era a da compensación dos custos derivados do traslado. Moares lembra que a Xunta de Galiza que se comprometera, no seu momento, a destinar unha partida para compensar eses gastos aos que terían que facer fronte as traballadoras/as, negouse a facelo cando chegou o día. A empresa concesionaria do servizo ofreceu un mínimo incremento, que non era abondo para compensar eses custos e “ao final, as traballadoras/es do 112, que asegurabamos que quen tiña que compensar esa cantidade era a Xunta, porque era quen decidía unilateralmente o traslado, vemos recoñecido que efectivamente era así”.
Deste xeito contémplase un incremento salarial do 10%, que “de ter asumido a Xunta desde o principio que era de xustiza, tería evitado unha folga como esta, tan longa e dura para as traballadoras e traballadores”.
Outra cuestión esencial, que era o recoñecemento do dereito a subrogación, tamén se ve plasmada no laudo, convertendo así ás traballadoras e traballadores do 112 nos primeiros dependentes do convenio de Call Center que o terán contemplado.
Demandas sociais e dereitos á conciliación
Dáse resposta tamén á globalidade das demandas sociais e de horarios para a conciliación da vida laboral e familiar presentadas polo comité. A este respecto, Carlos Barros, membro do comité, explica que hai traballadoras e traballadores que levaban máis de nove anos sen librar unha fin de semana e que agora verán equiparadas as súas condicións ás do resto do persoal. “Poderán escoller entre librar dúas fins de semana ao mes, que é o que marca o convenio, ou ben entrar nunha secuencia de cinco días de traballo e tres de libranza e cae en fin de semana cando toca”, matiza.
Entre estes dous horarios haberá traballadores/as que prefiran unha ou outra alternativa. Por iso, segundo explica Barros, “ábrese unha mesa de traballo coa empresa, dotada economicamente, para -con data límite de 1 de outubro deste ano- facer un horario de 2018 que permita acadar o obxectivo de que cada quen poida estar na modalidade de horario que prefira”.
Barros sinala tamén que até o de agora había persoal contratado a tempo parcial, por tan só 25 horas á semana, e que agora pasará a ter a xornada completa como o resto dos compañeiros/as, mellorando polo tanto as súas condicións laborais e salariais. Como tamén se recoñece ao persoal que non tiña ningún tipo de compensación por traballar festivos, o dereito a gozar de días libres para compensalo.
Plataforma informática
Isabel Moares manifesta a súa satisfacción e a de toda a asemblea de traballadores/as por este acordo que “cobre as nosas expectativas” e dá a necesaria “seguridade xurídica nos incrementos económicos acordados”.
Con todo matiza que “rematamos a folga, pero imos seguir loitando para que se solucione o problema do programa informático e defendendo que un servizo esencial de emerxencias como este ten que ser público”.
Lembra que todas as denuncias que se fixeron por parte dos/as representantes dos servizos de emerxencias que se mobilizaron canda eles en apoio das súas demandas “seguen en pé” e que non deixarán de reclamar “que se garanta a necesaria calidade e rapidez na xestión dos medios e na coordinación dos diferentes servizos de emerxencias”.
A asemblea do 112 agradece a todos os compañeiros e compañeiras dos servizos de emerxencias que os apoiaron durante este case tres meses de folga na súa loita mais tamén a todas as persoas que a nivel particular tanto mediante as achegas económicas, como polo seu respaldo incondicional fixeron posíbel este trunfo que é de todos/as.
Para calquera aclaración podedes contactar con Isabel Moares, presidenta do comité de empresa, no 625 834 842.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149