GALICIA
Nava Castro subliña a aposta do sector turístico de galicia pola sustentabilidade económica, social e medioambiental
A directora de Turismo de Galicia sinala que a Estratexia do turismo 2020 permite un crecemento ordenado que beneficia a paisaxe e a experiencia dos viaxeiros.
![[Img #33804]](upload/img/periodico/img_33804.jpg)
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta semana na apertura dunhas xornadas sobre turismo e patrimonio promovidas polo Consello da Cultura Galega, onde subliñou a aposta do sector turístico da Comunidade pola sustentabilidade en tres direccións: económica, social e medioambiental.
Nava Castro sinalou que “o turismo, que xera o 11% do PIB e o 12% do emprego en Galicia, ten unha gran capacidade para transformar a sociedade” e para iso é preciso “traballar con planificación e en constante diálogo co sector”, algo que na Comunidade galega estase a facer a través da Estratexia do Turismo de Galicia 2020. Trátase da folla de ruta deseñada para acompañar o crecemento de viaxeiros que a Comunidade está a vivir, con máis de 1,4 millóns de turistas aloxados nos cinco primeiros meses do ano, un máximo histórico.
A maior parte dos 240 millóns de euros de investimentos contidos nese documento de traballo destínanse a cuestións relacionadas co territorio como a paisaxe galega, os recursos naturais, a sustentabilidade, os valores diferenciadores do destino e a súa potenciación, a mobilidade turística ou os camiños de Santiago como dinamizadores. Nava Castro puxo en valor a contribución da ruta, que conta cunha planificación especial, á fixación de poboación, á xeración de emprego ou á diversificación da economía dos concellos polos que discorre.
Diferenciación e valor engadido
“Unha planificación coherente e ordenada redunda en beneficio das contornas, que debe ser a prioridade, pero tamén da experiencia dos viaxeiros”, afirmou a directora de Turismo de Galicia. Baixo ditas premisas, reflexionou, mantense a confortabilidade do destino, que non defrauda as expectativas creadas. Por iso, Castro defendeu o modelo de “turismo tranquilo, de calidade e sen présas” que promove a Estratexia do Turismo de Galicia 2020.
Durante a apertura dunhas xornadas sobre turismo e patrimonio no Consello da Cultura Galega, reflexionou sobre a forza transformadora da actividade turística
A potenciación dos recursos endóxenos, “ricos e variados ao longo de todo o ano”, que fan de Galicia un destino diferente ou darlle un valor engadido ás visitas para así fidelizar ao turista que elixe viaxar a Comunidade son algunhas das propostas en marcha, detallou.
A directora de Turismo de Galicia fixo estas reflexións durante estas xornadas no marco do Ano Internacional do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento, declarado pola ONU como vía para afondar na mellor comprensión entre os pobos, a adquisición dunha maior conciencia da riqueza do patrimonio das diversas civilizacións ou o fortalecemento da paz.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149