GALICIA
Feijóo destaca que o novo Bono Autónomo farán que traballar por conta propia en Galicia sexa cada vez menos difícil
Indica que entre os servizos que poderán financiarse co Bono Autónomo están a mellora da xestión financeira, a captación de financiamento, a optimización de procesos de produción e cadea loxística ou a imaxe e comunicación.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta semana que o novo Bono Autónomo e a Oficina do Autónomo farán que traballar por conta propia en Galicia sexa cada vez menos difícil e haxa menos cargas administrativas.
O Consello da Xunta vén de dar o visto e prace ao Bono Autónomo, a medida segundo a cal o Goberno galego beneficiará unhas 1000 persoas que queiran consolidar o seu negocio con axudas de ata 3000 euros. En total, a Xunta investirá 3 millóns de euros nesta medida.
O Bono Autónomo está destinado a aqueles traballadores por conta propia, cunha antigüidade mínima de 42 meses e unha facturación de máis de 12.000 euros, sempre que o seu rendemento neto non supere os 30.000 euros. As axudas concederanse segundo orde de solicitude ás persoas que cumpran estes requisitos, que poderán dispoñer dun adianto do 100% da axuda.
Entre os servizos que poderán financiarse co Bono Autónomo, Feijóo destacou a mellora da xestión financeira, a captación de financiamento a optimización de procesos de produción e cadea loxística, relanzamento comercial, imaxe e comunicación; posicionamento web, márketing, redefinición do modelo de negocio, identificación de posibles socios ou creación de redes de cooperación.
Explica que as axudas concederanse segundo orde de solicitude ás persoas que cumpran estes requisitos e poderán dispoñer dun adianto do 100% da axuda
Estes investimentos poderán solicitarse desde o día seguinte á publicación da orde de axudas e ao longo dun mes. O prazo para xustificar os investimentos está aberto ata o 20 de decembro. Para diagnosticar e identificar mellor aquelas áreas onde precisan mellorar, os autónomos disporán de servizos gratuítos de apoio, que prestará a Rede de Técnicos de Emprego ou do Igape.
Redución do papelame
Por outra banda, o Consello aprobou tamén a creación da Oficina do Autónomo, unha xanela única para que os autónomos poidan alixeirar ao máximo posible a carga de papelame. Esta Oficina está dispoñible desde hoxe nunha primeira fase. A través da web oficinadoautonomo.gal, cada traballador por conta propia poderá coñecer o estado dos expedientes que teña abertos coa Administración galega, ademais de acceder a información de utilidade.
Avanza que o Consello aprobou tamén a creación da Oficina do Autónomo, unha xanela única para que os autónomos poidan alixeirar ao máximo posible a carga de papelame
Estas dúas medidas forman parte da Estratexia Autónomo 2020, que destina 40 millóns de euros anuais ata 2020 a impulsar os autónomos nesta etapa de recuperación económica. Nesta lexislatura, polo tanto, a Xunta dedicará 160 millóns de euros exclusivamente aos autónomos.
Menos impostos, máis axudas e máis protección
O presidente do Goberno galego sinalou que Galicia é unha comunidade de autónomos. De feito, un de cada catro afiliados á Seguridade Social son autónomos, Galicia é a comunidade cunha maior porcentaxe de autónomos e unha das autonomías con máis estabilidade no emprego por conta propia, pois 6 de cada 10 negocios teñen máis de 5 anos. Ademais, Galicia é a comunidade onde as mulleres teñen un maior peso no total dos autónomos, un 42,2% fronte ao 34,9% da media nacional.
Por outra banda, sinalou que cando se coñeza a tarifa plana que aprobará o Goberno central ao abeiro da nova Lei de autónomos, o Goberno galego ampliará os beneficios dos traballadores por conta propia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149