MONDARIZ BALNEARIO
O BNG denuncia desleixo do goberno ante o grave dano ás escalinatas do Bosque dos Xardíns de Balneario
"Ante a falla de actuación por parte do concello" o BNG presentará denuncias nos organismos competentes reclamando a investigación dos feitos.
![[Img #33831]](upload/img/periodico/img_33831.jpg)
O BNG de Mondariz Balneario informa de que as primeiras semanas do pasado mes de xuño, a plena luz do día, ante a mirada perplexa dalgunhas persoas usuarias dos xardíns, “un desaprehensivo supostamente aloxado nunha instalación hoteleira da vila, utilizou as escalinatas do Bosque dos Xardíns de Mondariz Balneario como se dunha pista de proba de vehículos 4x4 se tratase”. O individuo, segundo indica o BNG e persoas alí presentes, “baixou co seu vehículo de alta cilindrada sobre os 5 treitos que compoñen este conxunto arquitectónico, que resultou gravemente danado como consecuencia desta incualificable actuación”. Cando menos 9 chanzos da escalinata racharon como consecuencia do paso do vehículo, que deixou parte da estrutura de protección dos baixos no lugar dos feitos.
No pleno ordinario do 6 de xullo, na quenda de rogos e preguntas ao alcalde, os concelleiros nacionalistas interesáronse polas actuacións realizadas desde o concello como consecuencia deste feito. “O alcalde era coñecedor do acontecido e da circunstancia de que o intrépido condutor era unha persoa visitante da vila, mais recoñeceu non ter feito ningunha xestión nin para aclarar o acontecido, non ter presentado denuncia, nin adoptado medida algunha para reclamar responsabilidade, nin ter previsto adoptar ningunha para previr que no futuro puidesen suceder novamente feitos como o descrito”, indica o BNG.
O portavoz municipal do BNG, Francisco Chivite, cualificou ao alcalde J. A. Lorenzo de “indolente e desleixado pola súa inacción na defensa do patrimonio arquitectónico da vila” e solicitou a adopción desde o concello de medidas para impedir que volvese suceder. Así mesmo lembra que “isto acontece despois de que o BNG tivese presentado propostas para impedir a entrada de vehículos nos xardíns, e concretamente na zona do Bosque”. Neste sentido, Chivite reclamou a presentación de denuncia e que se impulse desde o concello a investigación pertinente para poder reclamar responsabilidades ao culpable dos danos así como a súa restauración.
Lorenzo xustificou a súa inacción en que a escalinata danada está dentro dunha parte dos xardíns cuxa titularidade non é municipal, mais dende o BNG lembróuselle “que esta se atopa dentro do catálogo de bens protexidos que foi aprobado recentemente polo pleno municipal, e que a Lei do Patrimonio Cultural de Galiza obriga aos concellos a actuar na defensa de todos os bens patrimoniais que se atopen dentro do seu ámbito territorial”.
Ante o desleixo do goberno municipal, os concelleiros nacionalistas presentarán a correspondente denuncia diante da Consellería de Cultura e do Seprona.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180