Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 14 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán ofrece por vez primeira ao público xuvenil o Festival da Pintura 'Midnight Paint Party'

A festa, nacida en Ibiza, combinará música electrónica en directo con choiva de 2.000 litros de pintura ecolóxica, canóns de CO2, espectáculo pirotécnico, animación...

[Img #33885]

 

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 15 de xullo por vez primeira na comarca unha proposta de ocio destinada ao público máis xuvenil e animado: a 'Nigrán Paint Party' ou Festival da Pintura, un concepto novo de diversión nacido en Ibiza que combinará durante todo o día a música electrónica en directo con choiva de pintura, espectáculo pirotécnico, efectos visuais, animación, megatrón... O evento, con sesión infantil de 12.00 a 15.00 horas e para maiores de 16 anos de 15.00 a 23.00 horas, está previsto para preto de 3.000 persoas e terá lugar en 1.500 m2  da zona de aparcamento de Praia América-Lourido.

 

"A mocidade de Nigrán debe ter protagonismo na programación do Concello con actividades pensadas específicamente para eles, por iso nos decantamos por este evento que atrae a milleiros de persoas en todo o mundo. É un lecer saudable e divertido que quixemos abrir tamén aos cativos en diferente franxa horaria e, sen dúbida, resulta a proposta ideal de cara o verán en Praia América", destaca o alcalde, Juan González.

 

A 'Midnight Nigran Paint Party' é unha experiencia completa onde o público, ademáis de empaparse de máis de 2.000 litros de pintura totalmente ecolóxica, baila con DJ’s nacionais e internacionais de primeiro nivel, goza de actuacións en directo, animación, espectáculo pirotécnico... A pintura, a gran protagonista, dispénsase desde oito canóns xunto ao macroescenario, dúas bombas con mangueira e caldeiros.

 

 

 

 

O evento, previsto para unhas 3.000 persoas, terá lugar este sábado de 15.00 a 23.00 horas na zona de aparcamento de Praia América e contará con sesión infantil de 12.00 a 15.00 horas. As entradas están a venda dende 5 e 10 euros

 

 

 

 

"A marca 'Midnight' é un referente mundial neste tipo de eventos realizándoos por todo o país e acadando o recoñecemento por todo o planeta con residencias como Privilege Ibiza (a discoteca máis grande do mundo) ou Pacha La Pineda, a marca actual máis importante de ocio nocturno", engade André Vázquez dende a organización.


O evento está destinado a un público familiar de 12.00 a 15.00 horas (nesta franxa horaria poden desfrutar os menores de 16 anos) e para os maiores de 16 anos de 15.00 a 23.00 horas, debendo presentar os menores de idade unha autorización dos pais ou titores que se pode descargar do Facebook do festival. As entradas están á venda dende 5 e 10 euros respectivamente en https://www.entradasatualcance.com/midnight-paint-party-en-nigran/

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.