MOTOR
Porsche desvela o 911 máis potente de todos os tempos
![[Img #33912]](upload/img/periodico/img_33912.jpg)
O 911 máis rápido e potente homologado para estrada está listo para o seu lanzamento. O novo Porsche 911 GT2 RS fixo a súa estrea mundial no Festival da Velocidade de Goodwood, no Reino Unido. O corazón deste deportivo de altas prestacións é un motor bóxer biturbo de 515 kW (700 CV). Cun peso de 1.470 quilos, incluíndo o depósito de combustible cheo, este lixeiro biplaza acelera de 0 a 100 km/h en 2,8 segundos. O coupé de tracción traseira ten unha velocidade máxima de 340 km/h e, grazas á súa tecnoloxía próxima á de competición, o novo 911 GT2 RS supera ao propulsor de 3.6 litros do seu predecesor en 59 kW (80 CV) e alcanza un par máximo de 750 Nm, o que supón unha ganancia de 50 Nm.
O motor está baseado nos 3.8 litros do 911 Turbo S, que neste último desenvolve 427 kW (580 CV). Para aumentar as prestacións recorreuse a grandes turbos, que presionan e incrementan o volume de aire de admisión dirixido ás cámaras de combustión. Un novo sistema de refrixeración consegue un funcionamento óptimo nos picos de carga do motor e, a moi altas temperaturas, pulveriza o aire de admisión arrefriado con auga. Isto fai que a temperatura do gas caia nas fases de sobrepresión e asegura unha potencia perfecta, mesmo en condicións extremas. A caixa de cambios de dobre embrague e sete marchas (PDK) foi adaptada ao novo GT2 RS, para que poida transmitir a potencia sen interrupción de tracción. Ademais, o sistema de escape especialmente desenvolvido está feito de titanio ultraligero, polo que pesa ao redor de sete quilos menos que o utilizado no 911 Turbo e proporciona un apaixonante son sen precedentes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217