Domingo, 28 de Septiembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 12 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Integrantes da ANPA maniféstan no Parlamento a súa oposición ao peche das aulas

[Img #33919]

 

Integrantes da ANPA do CPI da Ribeira, encabezados pola súa presidenta, Cristina Rodríguez, acompañados pola concelleira de Educación, Lourdes Moure, desprazáronse onte martes a Santiago para estar presentes no Parlamento de Galicia na intervención do conselleiro de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, en relación co peche das aulas da ESO deste centro de Torneiros.


O conselleiro, maila aos argumentos expostos en contra do peche destas aulas- e das do CEIP Emilio Navasqüés, de Outes, CPI Tomás de Lemos, de Ribadavia, e do CPI Monte Caxado, de As Pontes, nos que a Consellería de Educación decidiu tamén prescindir do Ensino Secundario- reafirmouse na súa determinación, o cal foi acollido polos representantes destes centros cunha concentración diante do Parlamento con berros a prol do Ensino Público e en contra desta decisión que, a seu xuízo, “prexudica ás alumnas e alumnos e vai en contra do traballo educativo que se viña facendo nestes colexios”.


Para a concelleira Lourdes Moure, esta decisión, “como xa expresara por maioría o Pleno do Concello do Porriño e moitos porriñeses nunha manifestación convocada pola Asociación de Nais e Pais de Alumnos, é un golpe con so para a educación pública, gratuíta e de calidade, senón, e moi importante, para a integración”.


Moure lembrou que  o 35% dos estudantes do CPI da Ribeira son de etnia xitana, e que o centro contribuíu ao longo dos anos  “á integración do colectivo na vida e actividades do concello, á eliminación do absentismo escolar” ou a participación do alumnado, tanto nenas como nenos, nas actividades extra escolares, “que pasou do 3% en 2009 ao 80% este mesmo ano”.


A concelleira alertou de que o peche do curso da ESO do CPI Ribeira “suporá un retroceso no camiño que permitiu que as rapazas e rapaces de etnia xitana non so rematen Secundaria senón que segan cos seus estudos de Bacharelato”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.170

Todavía no hay comentarios

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.