Viernes, 28 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 16 de Julio de 2017 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta pide ao alcalde de Vigo o apoio explícito ao Campus do Mar e a ETEA

O delegado na área territorial de Vigo, Ignacio López-Chaves, defende o “compromiso inequívoco” da Administración autonómica cun proxecto “estratéxico e de primeiro nivel” para a cidade olívica e a súa universidade.

[Img #33927]

 

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, pediu esta semana ao alcalde de Vigo que nun exercicio de “responsabilidade e lealdade institucional” celebre un proxecto, o da recuperación da ETEA, que situará a cidade, e polo tanto a Galicia, como referente mundial no eido da investigación mariña. Neste senso, incidiu en que foi o actual Goberno galego o que iniciou os trámites para recuperar un espazo que en 2002 deixou de ter usos militares. “O fixo co compromiso inequívoco de impulsar, desbloquear e financiar o Campus do Mar, un proxecto estratéxico e de primeiro nivel para Universidade de Vigo”, salientou.

 

Segundo dixo López-Chaves, onte se deu un “paso decisivo” para a instalación da sede institucional do Campus do Mar no edificio Faraday da Escola de Transmisións e Electricidade da Armada no barrio vigués de Teis coa sinatura dos dous convenios coa Universidade de Vigo para a súa rehabilitación.

 

O primeiro convenio establece que o Goberno galego financie con 250.000 euros os estudos previos necesarios para a recuperación deste edificio (proxecto sectorial, estudo xeotécnico, análise estrutural, levantamento de planimetría e redacción dos proxectos básico e de execución), mentres que a Universidade se encargará de contratalos.

 

 

 

 

Recorda que se ten xa consignados 5 millóns de euros para o Campus do Mar e que o obxectivo é entregar as instalacións nesta lexislatura

 

 

 

 

O segundo convenio destinará 3 millóns de euros a sufragar o equipamento do Faraday, de acordo coas liñas mestras marcadas no proxecto técnico que se contratará en virtude do primeiro convenio. A isto sumaranse outros 2 millóns, procedentes de fondos europeos, para levar a cabo distintos proxectos na ETEA.

 

O representante do Goberno galego na área territorial de Vigo non quixo deixar pasar a oportunidade de pedirlle ao alcalde o seu apoio explícito a un proxecto que conta co consenso da Universidade de Vigo, a Xunta e Zona Franca, ao tempo que recordou que de non ser polas trabas e obstáculos que puxo para a operación de reversión ao organismo estatal das parcelas da ETEA “estaríamos vendo xa hoxe obras no emblemático edificio”. En estes termos se pronunciou ao respecto da oposición do rexedor vigués de quen lamentou manifestara o seu descontento en lugar de sumar.

 

“O que se firmou este luns podería haberse firmado en xuño de 2016. É o alcalde o único que pode explicar porqué nun primeiro momento apoiou a fórmula deseñada pola Xunta e Zona Franca para regularizar a débeda pendente e logo se opuxo, dilatando o proxecto ano e medio”, sinalou o delegado do Goberno galego en Vigo.  

 

“Esperemos que non actúe como noutros grandes proxectos, caso do hospital ou a Cidade da Xustiza e deixe de pór trabas e dificultades”, afirmou, para insistirlle unha vez máis en que celebre en lugar de criticar cando outras administracións invisten na cidade e colabore no obxectivo común de que “Vigo avance”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.