PROVINCIA
O Campionato Galego de ciclismo de Cross Country Eliminator chega a Vilaboa o sábado 15 de xullo
A Deputada de Deportes, Chelo Besada, sinalou a importancia que está a acadar Vilaboa no mundo das competicións ciclistas.
![[Img #33929]](upload/img/periodico/img_33929.jpg)
A Deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Chelo Besada, presentou hoxe no Pazo provincial a primeira edición do Campionato Galego de ciclismo na modalidade de Cross Country Eliminator, que se disputará o vindeiro sábado 15 de xullo no concello de Vilaboa a partir das 16:30 horas. Na rolda de prensa tamén estiveron presentes o alcalde de Vilaboa, José Luis Poceiro, a campioa de ciclismo Lucía Vázquez e a secretaria da Federación Galega de Ciclismo, Begoña Carpinteiro.
A Deputada provincial lembrou que “con este novo campionato, Vilaboa estase a converter nun referente a nivel autonómico no mundo do ciclismo”, xa que lembrou que “hai só un mes o Lago de Castiñeiras xa foi o escenario doutro campionato desta modalidade deportiva”. Nesta quenda, dixo Chelo Besada, “o protagonismo pasa ás mans de Figueirido” e así “podemos coñecer un pouco máis este concello, porque as probas deportivas, ademais, teñen a capacidade de amosar o noso territorio e permiten que moitas persoas que o descoñecían repitan”. Trátase dunha proba moi vistosa e moi entretida, xa que terá lugar no campo de fútbol de Figueirido, cun percorrido de arredor dun quilómetro e que se poderá observar desde o mesmo punto, sen se ter que desprazar ao longo do percorrido como noutras competicións.
Esta proba, a primeira a nivel autonómico que se realiza na modalidade de eliminator e a quinta de BTT ao longo deste ano, “reunirá a arredor de 100 ciclista procedentes de toda Galicia”, sinalou Chelo Besada, “malia que me gustaría animar a todas as persoas para que participen” xa que, desta maneira, “tamén axudamos a difundir unha modalidade cunha vida moi curta pero que ten crecido moitísimo nestes últimos anos”, asegurou a Deputada provincial.
Chelo Besada lembrou que “para o Goberno da Deputación de Pontevedra unha das nosas prioridades é o deporte, e por iso queremos aproveitar todas as oportunidades para expresarlles o noso máis absoluto compromiso” e tamén “para agradecer a todas as persoas, entidades e corporacións municipais a súa labor neste eido, xa que con elas e eles amosamos o noso altísimo nivel competitivo a todos os niveis: como deportistas e como organizadores das mellores probas deportivas do mundo”. Pola súa banda, o alcalde de Vilaboa, José Luis Poceiro, asegurou que “é unha satisfacción que este campionato se celebre en Vilaboa, onde temos moi bos espazos pero nos falta coidalos”.
A secretaria da Federación, Begoña Carpinteiro, lembrou que “a fin de semana seguinte a esta proba, celébranse en Valencia os campionatos estatais de todas as disciplinas de cross country, polo que para galega é fundamental que o campión ou campioa sexa convocada pola Selección Galega para que nos represente en Valencia”.
Pola súa banda, a campioa e veciña de Vilaboa Lucía Vázquez asegurou que “para min é un orgullo que se traia unha competición galega á miña terra”. A ciclista explicou o funcionamento desta proba, na que “as e os participantes fan unha volta ao circuíto e só se clasifican os 32 mellores tempos”. Despois, “esas 32 persoas xúntanse en roldas de 4 ciclistas que compiten entre si e os 2 primeiros en chegar clasifícanse”, así sucesivamente de rolda en rolda eliminatoria “ata chegar á final, que disputen 4 participantes”, sinalou. Ademais, tamén haberá unha rolda de consolación onde se deciden os postos entre o 5º e o 8º e tamén se disputará unha proba, gratuíta e para rapazas e rapaces de entre 13 e 16 anos, baixo o nome de “Kids Eliminator”.
As persoas interesadas en participar (galegas e que conten cunha licencia federativa de ciclismo en vigor) poderanse inscribir a través da páxina web www.magmasports.es ata 48 horas antes da competición, cun custo de 10 €, ou o mesmo día cun custo de 20 €.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136