GALICIA
O Comercio Galego premia a fidelidade dos clientes na campaña ‘Días azuis’
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou na entrega de premios da iniciativa, na que se rexistraron preto de 70.000 participacións.
![[Img #33953]](upload/img/periodico/img_33953.jpg)
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, participou na entrega de premios da campaña Días azuis do comercio galego, que se celebrou do 16 ao 30 de xuño en toda a comunidade co obxectivo de dinamizar as vendas nos establecementos de proximidade e premiar a fidelidade dos seus clientes.
No acto, no que tamén participaron o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e o director da Rede Comercial de Abanca, Gabriel González Eiroa, entregáronse 16.000 euros en tarxetas prepago de 500, 300 e 150 euros, que previamente se sortearon entre todas as persoas que mercaron nos establecementos de proximidade durante a duración da campaña, na que se rexistraron preto de 70.000 participacións. Estas tarxetas, achegadas por Abanca, deberán ser utilizadas para comprar novamente no comercio de proximidade galego, durante todo o 2017.
A iniciativa forma parte do Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia da Xunta, no marco do cal se veñen de conceder apoios que mobilizarán preto de 2 millóns de euros na modernización dos mercados e o impulso do emprendemento
A iniciativa, impulsada pola Xunta e a Federación Galega de Comercio en colaboración coas federacións provinciais de comercio e as asociacións e centros comerciais abertos, ademais de Abanca, enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao Comercio de Galicia.
Dentro deste Plan, tal e como salientou Vázquez Abeal, véñense de conceder apoios que permitirán mobilizar preto de 2 millóns de euros na modernización e excelencia das prazas de abastos galegas, así como no impulso a novas iniciativas comerciais, coa posta en marcha de Espazos activos de emprendemento comercial no rural.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149