GALICIA
Xunta e Garda Civil colaboran un ano máis na prevención e investigación de incendios forestais
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado do Goberno, Santiago Villanueva, visitaron os efectivos do escuadrón de cabalería da Garda Civil despregado en Ourense durante os meses de verán.
![[Img #33977]](upload/img/periodico/img_33977.jpg)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o delegado do Goberno, Santiago Villanueva, asistiron esta mañá á presentación da unidade de cabalería da Garda Civil despregada en Ourense.
O acto, que tivo lugar na estación de tren da Gudiña, contou tamén coa participación do Xeneral Xefe da 15 zona da Garda Civil, Ángel Alonso; o tenente coronel da Garda Civil en Ourense, Manuel Novo; e o subdelegado do Goberno na provincia, Roberto Castro.
O escuadrón presentado hoxe está formado por 6 axentes e ten a súa sede en Verín. A este, súmanse outros tres escuadróns con sede en Mondariz (Pontevedra), Sarria (Lugo) e Santiago de Compostela. En total, son 24 efectivos de cabalería da Garda Civil despregados en Galicia, e integrados nun dispositivo máis amplo formado polos máis de 2.100 axentes deste corpo que se ocuparán este verán de loitar contra os lumes na nosa comunidade.
A este súmanse outros tres escuadróns máis, un por provincia, ata chegar a un total de 24 axentes de cabalería
Os seus labores centraranse, fundamentalmente, na prevención e investigación dos lumes, en coordinación co resto de forzas e corpos de seguridade que actúan nese ámbito, como a Policía Nacional -que ten tamén unha unidade de cabalería despregada no territorio galego- ou a Policía Autonómica.
Todos estes dispositivos intégranse dentro do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga), que no seu conxunto supera os 7.000 efectivos nesta tempada de verán. Dentro deste plan colabora persoal da Xunta, do Estado e dos concellos, nun exemplo de cooperación institucional que permite obter os mellores resultados, lograr sinerxías e minimizar os danos.
A colaboración en materia de seguridade tamén se traslada ao Camiño de Santiago, onde os axentes traballan en cooperación para garantir a seguridade dos peregrinos. No caso en concreto da unidade de cabalería da Garda Civil presentada hoxe, dous dos seus escuadróns -os que teñen base en Sarria e Santiago de Compostela- encargaranse ademais de labores de vixilancia e protección daquelas persoas que están a realizar o Camiño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149